Curiosidades relacionadas coa historia e a arte dende a óptica do temario do ensino de Galicia
Aviso de Cookies
En cumplimiento de la Directiva Comunitaria se informa de que este blog usa cookies propias y de terceros con el fin de mejorar su experiencia. Si continua navegando consideramos que acepta su uso
Mostrando entradas con la etiqueta evolución humana. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta evolución humana. Mostrar todas las entradas
viernes, 20 de junio de 2014
o Xacemento de Atapuerca descubre 17 craneos con rasgos neandertais.
O xacemento de Atapuerca, un dos máis importantes do mundo no tocante á evolución humana, segue a aportar novos datos. Atopáranse 17 cráneos intactos, que, despois dos estudios axeitados, revelan que o home de Neandertal se creóu a partires de outras especies máis antigas. O artigo sae publicado na revista SCience
sábado, 17 de mayo de 2014
Naia, o fosil americano más antigo confirma a teoría da colonización americana polo estreito de Bering.
No decurso dunhas propspeccións arqueolóxicas feitas por unha equipa internacional de buzos e arqueólogos submarinos nunha cova submarina da península de Yucatán en México, que no Pleistoceno foi unha sima, atoparon no ano 2.011 restos fósiles dun homíninido moi ben conservados de polo menos 12000 anos ó que chamaron NAIA. Estes osos están a ser estudiados dende entón, pero os primeiros resultados xa están aquí: Os xenes do fósil conforman a teoría da colonización do continente americano a traveés da pasarela de xeo formada no deserto de Bering na derradeira glaciación
jueves, 13 de febrero de 2014
A erosión dunha praia de Norfolk deixa á vista pegadas humanas de 800.000 anos
En Norfolk, Reino unido, a erosión deixóu á vista nunha das súas praias pegadas humanas da antigüidade que quedaran baixo a terra polas variacións no nivel do solo. A sorpresa veu cando investigadores do Museo Británico dataron as pegadas en 800.000 anos, o que as converte nas máis antigas do Reino Unido. Segundo eses investigadores, a falta de máis comprobacións, poderían ser de Homo Antecesor e estar emparentadas cós achádegos de Atapuerca
O paleomagnetismo data o Homo Antecesor de Atapuerca en 900.000 anos
O xacemento de Atapuerca en burgos é clave para o estudo da evolución da especie humana. O achádego do homo Antecesor como peza nesta evolución foi fundamental, pola súa antigüidade.D ende o principio, o equipo de Arzuaga o fixóu en 900.000 anos. Coñecedores da polémica a nivel científico, buscaron técnicas que lles permitisen confirmalo. Agora, anos depois, a combinación do paleomagnetismo e as cifras anteriormente obtidas, deu como resultado a conformación dos datos. Empregaron resonancias magnéticas e luminiscencia estimulada ópticamente
domingo, 8 de diciembre de 2013
Achédego en Ríparo Bombrini: Os Nenadertais organizaban os seis espacios
A evolución humana segue a dar sorpresas: unhas excavacións en Ríparo Bombrini mostra algo máis de cómo se organizaban os Neandertais. Tiñan espacios ben diferenciados para os distintos usos da casa e non un espacio común para todo como se creía ata agora. Esto demostraría que son algo máis intelexintes do qie pensabamos ate agora. A evolción humana e as características das distintas especies están a ser revisadas e postas ó día
sábado, 7 de diciembre de 2013
Achádegos en torno ó ADN dos restos humáns de Atapuerca.
Ainda que no inverno non haxa excavacións en Atapuerca, os traballos non paran. esta campaña, o equipo consegiú secuenciar o ADN, e descubréu que os antepasados de diversas especies se cruzaban entre sí. e non estaban soas como se sospeitaba.
lunes, 21 de octubre de 2013
o home de Demisona (Georgia) é o novo eslabón perdido?
O achádego en Demisona, Georgia dun cráneo de 1,8 millóns de anos permite asegurar ós científicos, a través do seu estudo, que todas as especies do xénero homo foron a mesma. E ademáis, o que é máis importante, que se cruzóu con mulleres modernas, da especie sapiens o atravesar Siberia e permitiría o desenvolvemento da especie humana
martes, 5 de febrero de 2013
Os Neandertais españois máuis xóvenes.
As edades na Prehistoria están sometidas a revisión constante. E na península Ibérica non ís ser menos. Se sempre se créeu que coexistiron con outras especies, agora en Málaga acaban de descubrir que son 10.000 anos máis xóvenes
domingo, 28 de octubre de 2012
Coñcemos un pouco máis a Lucy
Lucy foi o primeiro resto humán que se coñeceu. Cando ela existía ademáis de camiñar coa postura bípeda, seica conservaban costumes dos monos como subirse ás árbores. Como Afarensis, ocupan o centro da evolución humana, unha mixtura entre o home e o mono
lunes, 10 de septiembre de 2012
Cova Eirós: Neandertais na canteira
O Xacemento de Cova Eirós, no que recentemente descubriron as primeiras, e ate o de agora únicas pinturas rupestres de Galicia, está nunha canteira propiedade dunha empresa de cementos. Este artigo publicado no xornal El País resume moi ben as características da cova, os achados das campañas e nos da algo de luz sobre cómo vivían os neandertais nesta zona. Seica a sucesión de niveis, entre os 20.000 e os 80.000 anos permite ter datos da ocupación humana nesta zona da península.
Etiquetas:
antropoloxía,
arte ruprestre,
Becerreá,
Cova Eirós,
Covas rupestres,
España,
evolución humana,
fósiles,
Galicia,
Neandertales,
Prehistoria,
Triacastela
Neandertais no val de Lozoya(Madrid)
O estudio da evolución humana segue a dar os seus froitos. Na Serra de Guadarrama, no val de Lozoya en pleno centro de España, apareceron restos de neandertais que nos poden ensinar cómo comían, e as súas costumes. Tamén apareceron dentes soltos. Todo esto pode permitir a reconstrucción das súas formas de vida, da súa alimentación e sobre todo respostar á pregunta fundamental da súa extinción.
martes, 21 de agosto de 2012
o home chegóu a Asia 20.000 anos antes
A cronoloxía humana atrasa no tempo, se primeiro foi Atapuerca a que obrigou a cambiar a europea, agora os achádegos en Laós dun equipo da universidade de Illinois publicado en PNAS e do que aquí podemos ver o resumo cambian a teoría da ocupación do home en Asia. ademáis, ó ser atopada no interior suxiren que xa se desprazaban en busca de alimentos
jueves, 9 de agosto de 2012
Fósiles en Kenia axudan a reconstruir a evolución humana
En Kenia os achádegos de fósiles humannos permiten reconstruir a evolución humana: Estos achádegos permiten cambiar a visión tradicional da evolución por desaparición. Novos análises demostran que có homo Erectus conviviron tres especies máis. Tamén permiten reconstruir a súa dieta
domingo, 22 de julio de 2012
Atapuerca: un novo cemeterio e un oso
viernes, 6 de abril de 2012
A orixe do fogo
O achádego do fogo é un dos maiores avances na historia da humanidade. Comparable ó da invención da roda ou da imprenta. O fogo permitiu quentarse, preparar a comida quente, escorrentar ós animais e preparar ós bosques meddiante a queima para a agricultura. Sempre se cría que o fogo comezara fai 700.000 anos, ate agora e que un grupo de científicos atopou na caverna de wonderweck evidencias que permiten datalo fai un millón de anos. Aquí está o orixinal do artigo en inglés na revista PNAS da academia das ciencias de norteamérica
sábado, 3 de marzo de 2012
Unha autopsia mil anos despois
Ötzi era un home que foi sorprendido por unha tormenta de xeo e neve no séu hábitat, quedando sepultado e conservado para sempre. A importancia deste home está na súa antigüidade e en que podía ser unha peza clave na evolución da humanidade. Para solucionar todos estos problemas, unha vez que a calor premitiu o desxeo e deixouno a descuberto se lle fixo un completo estudio. O resultado, que se pode ler aquí é un completo catálogo de enfermidades e nesta nova do xornal El mundo dan máis datos para coñecelo e datos que agora poden resultar relevantas pero quizáis antes non o foran, coma a propensión polos infartos, un rasgo moi do século XXI fai miles de anos
domingo, 26 de febrero de 2012
A evolución do home.
Un dos campos que máis investigación xera é o do home e a súa evolución. Cómo aparecéu, e cómo chegóu ate o de agora. O Campo dos neandertais e da súa desaparición está a dar nova evidencias que aparecen resumidas neste artigo e que suxiren, máis alá dunha evolución a un empobrecemento xenético derivado da súa endogamia ou non poder adptarse ó medio conevenientemente.Científicos de diversas universidades e países tentan traer un pouco de luz a estas preguntas. Estas que aquí temos publicadas no diario El País son o resultado das derradeiras investigacións.... ata agora
jueves, 23 de diciembre de 2010
o eslabón perdido?
hoxe no diario el País contan este descubrimento en australia que pode significar o peche do círculo da árbore xenealóxica do home
Suscribirse a:
Entradas (Atom)