Aviso de Cookies

En cumplimiento de la Directiva Comunitaria se informa de que este blog usa cookies propias y de terceros con el fin de mejorar su experiencia. Si continua navegando consideramos que acepta su uso

viernes, 18 de abril de 2014

Monumentos en peligro polas decisións do home.

 Os monumentos construidos hai moito tempo, seguen un deterioro lóxico polo paso do tempo. Pero, ás veces as decisións humanas para sacar máis cartos, agravan o seu fin. Esto é o que lle pasóu a estes cinco de Teothiuacán: comida rápida, centros comerciais, epansión da cidade... e o fin de todo isto é o risco da pirámide de se afundir.

jueves, 17 de abril de 2014

O coliseo de Roma recupera a súa cor orixinal.

O coliseo é un dos grandes monbumnetos dos romanos. Feirto para asistir ós maiores esperctáculos dos romanos, que estaba cheo nos grandes días coma o célebre s comnbates de gladiadores. O seu  material constructivo, o travertino, pedra local  cunha tonalidade que vai dende o claro ó dourado,  froito do paso de miles de anos pola súa estructura foi desaparecendo. A eso axudóu ó estar no centro dunha gran cidade e a contaminación dos combustibles fósiles. Agorá, na súa restauración eses cores estan a se recuperar, o mesmo que as grafites que deixaban algúns espectadores a modo de lembranza do seu paso por alí. .

lunes, 14 de abril de 2014

Atopan un sartego cun selo de ouro de Seti I en Canan, Israel.

O mundo exipcio segue a dar sorpresas. Xa sabiamos que eran unha das civilizacións máis importantes da antiguidade, e que o seu poder chegaba ate Siria. Agora queda demostrado, xa que nunhas excavacións na zona de Canán, situada na ruta comercial de Siria, atopouse un sartego que conten un selo de Seti I. As investigacións seguen.

Cristobo Colón é de Poio, Pontevedra?

Cristobo colón, un dos meirandes persoeiros da historia ocultóu sempre o seu lugar de nacemento. Por elo, sempre houbo moitas hipóteses. Ainda que a máis estendida é a que dí que é italiano, para certos investigadores, entre os que destaca Philipot, Colón é de orixe galego, máis concretamente de Poio. Para elo, entre outras cousas, aportan documentos de bautismo de familiares del na basílica de Pontevedra, o uso dunha carabela chamada la gallega que foi renomeada coma Santa María a nai do Salvador, lugar que aparece polo menos no mosteiro de Poio e no antigo mosteiro que estaba en Arcade. Ademáis acaba de aparecer un estudio de Luis Pereiero Álvarez, morto en Salamanca hai uns anos e que chegóu ó mesmo orixe galego de Colón despois de anos de investigacións.

No 888 aniversario do nacemento de Averroes

A dominación de Al Andalus na península Ibérica deixóu un gran número de científicos e médicos que, o integrismo dos pobos vindeiros sepultaron para sempre ou case sempre. Un destes é Averroes, médico e filósofo nado en Córdoba. Escritor de vvarios tratados de medicina e filosofía, foi desterrado polos almohades e soamente onservamos mencións del por traducións das obras orixinais que foron censuradas e queimadas. Ó mesmo nivel que Aristóteles, cría que o cerebro era o lugar onde existían algunhas facultades da intelixencia, e cré que a ciencia debe se adptar ás persoas e á realidade.

miércoles, 9 de abril de 2014

A batalla de Baécula foi no actual Cerro das Albahacas, en Santo Tomé (Xaén)

Cartago foi a poptencia máis oimportante do mundo antigo antes de Roma. Roma e Cartago libraron unha loita sen prtecedentes polo dominio do mar Mediterráneo. Unha das batallas máis importantes, o principio do dominio román foi na batalla de Baeula gañada polos romanos. Unha equipa de investigadores da universidade de Xaén con Técnicas de información Xeográfica, demostradas con detectores de metais, atoparon restos tanto cartaxineses coma románs no Cerro das Albahacas no concello de Santo Tomé, en Xaén. Unha vez coiñecido, empezará a investigación sistematica do lugar.

lunes, 7 de abril de 2014

Aparecéu unha parte da pangea africana nos Estados Unidos?

 Nun principio a terra era un único supercontienente chamado pangea. Nun momento da historia, África e América se separaron e foron cada un polo seu lado. Un grupo de científicos americanos cré que dou con un cacho do antigo contienente entre Alabama, Georgia e Carolina do Norte. O artigo sae publicado na revista geosociety.