Aviso de Cookies

En cumplimiento de la Directiva Comunitaria se informa de que este blog usa cookies propias y de terceros con el fin de mejorar su experiencia. Si continua navegando consideramos que acepta su uso
Mostrando entradas con la etiqueta arte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta arte. Mostrar todas las entradas

domingo, 18 de enero de 2015

o Pórtico nda Gloria da catedral de Santiago cara ó final da súa reaturación

Un dos símbolos máis recoñecidos no mundo é o pórtico da Gloria da catedral de Santiago. Dende hai uns anos está en restauración igual que o resto da catedral. Estes días é nova porque, como paso previo á recuperación da súa policromía, a fundación Barrié e a Catedral, amosan toda a riqueza orixinal que recuperará. Xornais galegos como La Voz de Galicia, e estatais como ABC

domingo, 28 de diciembre de 2014

10 edificios históricos espñois en risco de desaparición

España é un país que conserva un patrimonio histórico moi importante. A sucesión de pobos que pasóu por ela, e o seu importante pasado así o explican. Pero ese inmenso patrimonio pode xustificar, ainda que non sexa xustificable, que algúns podan desaparecer, dende arcos a poazos, vilas romanas, salinas, conventos, etc. A modo de inventario,baseado nos datos da lista vermella do patrimonio,  xa que de seguro son máis Europa Press cataloga  estes 10 edificios situados nas provincias de Burgos, Asturias, Cáceres, Guadalaxara, Tenerife, Valencia, Navarra, Granada, Mallorca e Sevilla.

martes, 15 de julio de 2014

O val Trenzado (Elche) unha recuperación dun espazo urbano.

Elche, unha cidade da comunidade Valenciana no Mediterráneo español, como tantas outras, está atravesada por un río orixinando o val trenzado. Esta característica orixinóu que tivese un barranco e numerosas pontes para atravesala. Este espazo estivo en desuso ate que unha equipa  formada por un arquitecto e unha enxeneira agrónoma propón unha  recuperación do espazo e  gañóu o concurso para poñelo en valor e para o disfrute cidadán.. E,a peculiar intervención recibe moitos premios. Pero, coas elecións municipais e o troco do goberno, a nova alcaldesa, doutro partido politico, silencia a actuación  e a oculta.

jueves, 19 de junio de 2014

Quen se agocha baixo o cadro a habitación azul de Picasso?

Un dos maiores talentos do muno da arte, Pablo Picasso, pintóu moitas obras mestras. Unha delas é o cadro de La  habitación azul. No decurso dun estudio atopouse un retrato pintado baixo o cadro que agora haberá que atopar a quen pertence.

jueves, 5 de junio de 2014

o Portico da Gloria na catedrak de Santiago en restauracion ate o 2017

A catedral de Santiago unha das catedrais máis importantes de España vai estar en reparacións. O Pórtico da Gloria que,  ate a construcción da fachada barroca recibía ós viaxeiros, necesita unha reparación urxente. A Humidade, que necesitóu dun secado do pórtico e outros factores ameazan con derrubar esta obra.

lunes, 12 de mayo de 2014

O arquitecto Merino de Cáceres dí que o claustro de Palamós non é auténtico.

A polémica en torno ó claustro descuberto nunha finca de Palamós continua. Agora, invitado polo dono da finca, un arquitecto, Merino de Cáceres dí que non é auténtico, senón máis ben unha recreación, e deixa os argumentos que, segundo él o demostran.

domingo, 16 de febrero de 2014

A fundación Santa María la Real e Google divulgan o románico

As novas tecnoloxías ás veces serven para achegar a toda a xente coñecementos moi lonxanos. Este é o espíritu de Google Cultural Institute, unha plataforma virtual na que podemos coñecer o mellor da arte mundial. Entre esa arte está o románico español. Agora, grazas á colaboración da fundación Santa María la Real, que dende o mosteiro de Santa María la real de Aguilar de Campoó fai unha extraordinaria laboura,  teremos acceso a unha gran base de datos do románico español. A primeira contribución aquí: A orixe

sábado, 22 de diciembre de 2012

O Xoven Van Dyck

O Museo de el Prado está a celebrar unha exposición dp xove Van Dicyck, segundo a crítica unha das máis importantes das que se celebraron do xenial artista holandes. Neste especial do xornal ABC podemos ver toda a información  e ver algun dos  séus cadros

domingo, 16 de diciembre de 2012

Atopado o boceto da cúpula da catedral de Florencia.

a cúpula de Santa María das Flores  na catedral de Flolrencia é un dos fitos da historia do arte. Símbolo do Renacemento e guía doutras cúpulas máis modernas. Unha solución a un problema que agora sabemos tiña un ensaio. Bruneleschi ensaiaba as  posibles solucións e deixóu feito unha cupuliña no subsolo do séu obradoiro, fose provisorio ou non, que rematóu reusado no paso dos tempos. E, ó estilo dos antigos exipcios, deixóu pistas falasas para se asegurar que a a cçupula fose única. La Nazione, o Xornal de Florenciaa cidade onde está a cúpula, recolle a nova e tamén publica os resultados da vixiancia á que foi sometida a cúpula nos derradeiros 60 anos 

jueves, 6 de diciembre de 2012

Adeus a Oscar Niemeyer(1.907-2.012)

Onte, ós 104 anos de idade finou un dos arquitectos máis recoñecidos do mundo, Oscar Niemeyer, arquitecto comprometido onde os haxa, deseñador da cidade Brasilia, un exemplo de construcción de nova capital, e que en europa deixóu poucas obras, de feito só en Portugal e  en España, unha obra que e o resumen da súa arquitectura o centro Niemeyer na cidade de Avilés, sobre a ría , nas súas verbas" unha gran praza aberta a todos os homes e mulleres do mundo, un gran palco de teatro sobre a ría e a cidade vella. Un Lugard para a educación, a cultura e a paz». Se ben é certo que case toda a súa obra está en Brasil, non por elo e menos importante. Hoxe todos os medios do mundo recollen a nova do séu pasamento.  Nesta escolma de urxencia : En Brasil , os da súa cidade Río como O Globo  falan da súa traxectoria e mesmo con especiais e no Extra como exemplos. Brasilia, a cidade que él levantóu verá o séu velatorio, o correio Braziliense adícalle un especial . En Portugal, Público, o Expresso e o jornal da Madeira, de funchal onde tiña un dos séus proxectos. En España El País cún especial  El Mundo, con especiais das súas obras e do Niemeyer de Avilés en construcción, o xornal ABC e en Asturias  El Comercio que, como non podía ser menos, fai un recorrido moi especial pola súa obra española 

jueves, 9 de agosto de 2012

Exposición de arte perdido e/ou roubado na TATE

 As obras de arte foron de sempre un botín apetitoso, tanto que os roubos están  á orde do Día. Hoxe a TATE pón en marcha unha exposición na  web para velos  recuperalos. Aquí se poden ver por si alguen sabe onde están

un novo cadro de Leonardo en escocia?

A producción dos pintores antigos non está catalogada completamente. Tanto é así que, periódicamente, aparecen obras dalgún deles. Agora, o Daly Mirror publica que un cadro que estaba nunha granxa e que vai ser vendido pola crise, pode resultar unha María Magdalena de Leonardo Da Vinci. De ser así, habería que engadir máis cadros á producción de Leonardo e, de paso, cambiar a historia da Arte.

jueves, 14 de junio de 2012

claustro de Palamós. quén o vendeu?

Unha vez identificado o claustro, xa que non había papeles na data da súa vemda e que non cabe dúbida da súa identidade románica, de onde saiú, ou dito doutro xeito. Que pobo ou cidade vendeu un claustro? No artigo do xornal El País déixan varias hipóteses. chegaremos algún día a saber a verdade?

jueves, 24 de mayo de 2012

webquest barroco compostelan

Un dos períodos máis salientables da historia de Compostela é o barroco que mesmo deu pé a unha nova escola a do barroco compostelán. Nesta webquest os alumnos poden aprender dun xeito sinxelo as súas características

sábado, 21 de abril de 2012

Eugenio Granell, un século

O surrealismo foi un movemento pictórico moi especial. En España todo o mundo coñece a Dalí, pero un dos maiores esquencidos é euxenio Granell, polo menos en España. Quizás o feito de ser galego, ou ser de esquerdas na dictadura contribúe. O certo e que é un dos pintores surrealistas máis imporatntes. Nestes artigos se repasan a súa achega ó surrealismo, a esquecida literatura e unha entrevista coa directora da fundación que tamén é a súa filla sobre ao papel da mesma en Santiago

viernes, 6 de abril de 2012

Google Art project

O art project, a bersión de google para estudiar e ver as obras de arte dos principais museos, xa vai pola segunda versión, con máis museos e moi mellorada, segundo se explica neste artigo. Mágoa que España esté tan mal representada e, sobre todo, que non esté o Museo do Prado, un sos máis importantes do mundo

domingo, 4 de marzo de 2012

Os colosos de Menón dous mil anos despois

A civiización exipcia, unha das máis importantes da anigüidade, produciu moitas obras para a posteridade.O coñecemento de todas e a súa utilidade orixinal  é imposible A maior parte deleas desapareceron, ben sexa polos saqueadores ou polo paso do tempo. Unha das máis impñortantes é a de Menon cós seus colosos dos que, ate agora se coñecían dous. Os outros doous desapareceron... ate hoxe. Unha equipa internacional reconstruiu e colocou no seu sitio o primeiro da nova parella.

domingo, 26 de febrero de 2012

El bosco

OS cadrod, como con todo, necesitan coidados. O pó, o ar, as visitas, a repiración,.... o medio en fin, cambia todo e de cando en vez hai que restauralos. Como lle sucede a esta obra de El bosco. Ademáis, as novas técnicas de raios X nos permiten estudiar todos os matices do cadro, os arrepentementos e as múltiples perspectivas. Pero, sobre todo,  nos permiten contemplar o cadro tal e como se pintou... con varios séculos de diferencia.

jueves, 2 de febrero de 2012

A Gioconda bis

Nos museos non se poden expór todas as obras. Normalmente gardan nos almacéns aquelas obras menores que non caben nas paredes. Pero, ás veces, temos sorpresas coma a copia da Gioconda descuberta no Prado, que levaba prácticamente dende a súa fundación. O singualr é que o mellor discípulo de Leonardo pintaba a acopia mentres Leonardo facia o orixinal e que, quizás, poida axudar a desvelar moitos misterios. Podes comparala có orixinal no diario El País e ver os cambios no ABC deste auténtico terremoto mundial no mundo da arte.

domingo, 27 de marzo de 2011