Aviso de Cookies

En cumplimiento de la Directiva Comunitaria se informa de que este blog usa cookies propias y de terceros con el fin de mejorar su experiencia. Si continua navegando consideramos que acepta su uso
Mostrando entradas con la etiqueta Triacastela. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Triacastela. Mostrar todas las entradas

lunes, 10 de septiembre de 2012

Cova Eirós: Neandertais na canteira

O Xacemento de Cova Eirós, no que recentemente descubriron as primeiras, e ate o de agora únicas  pinturas rupestres de Galicia, está nunha canteira propiedade dunha empresa de cementos. Este artigo publicado no xornal El País resume moi ben as características da cova, os achados das campañas e nos da algo de luz sobre cómo vivían os neandertais nesta zona. Seica a sucesión de niveis, entre os 20.000 e os 80.000 anos permite ter datos da ocupación humana nesta zona da península.

lunes, 20 de agosto de 2012

As pinturas de Cova eirós na prensa estatal

O achádego das primeiras pinturas rupestres galegas está a ter repercusión snos xornais estatais: El País publica a nova e as primeiras fotos das pinturas, unha entrevista a Ramón Fábregas, o director da investigación , un artigo do principio da excavación e un resumo das características da cova

Cova Eirós(Traicastela): As primeiras pinturas rupestres galegas.

A Cornixa cantábrica é famosa polas súas covas con gravados rupestres, dende o País Basco ate Asturias... ate agora. Sempre se pensou que Galicia, como era granítica, non podía ter pinturas rupestres.Hai que falr en pasado porque en Cova Eirós , que en anteriores investigacións xa tivera unha cronoloxía máis antiga, atoparon pinturas zoomorfas.Tamén atoparon colgantes e utensilios que fixeron ampliar a zona de excavación  a zona delimitada por Monforte, Becerreá e Triacastela ven sendo investigada e xa se atoparon os restos de Neandertal más antigos do Noroeste, ou un calendario luar paleolitico. As excavacións durarán polo menos dous anos máis