Aviso de Cookies

En cumplimiento de la Directiva Comunitaria se informa de que este blog usa cookies propias y de terceros con el fin de mejorar su experiencia. Si continua navegando consideramos que acepta su uso

sábado, 31 de marzo de 2012

novos anos para A Gioconda

As  verdades absolutas sen papeis non existen, e non se libran ni as máis famosas. A Gioconda madrileña permite datar e rexuvenecer a orixinal do Louvre. Seraá a definitiva? e, xa postos, servirá para esclafrecer o misterio do nome da Gioconda?

domingo, 25 de marzo de 2012

Arte roubado

O tráfico de obras de arte existiu dende sempre. Por nos remontar á idade contemporánea, os ingleses e os franceses competiron polo maior número de antigüidades exipcias. Sempre que hai unha guerra, os roubos, sexan éticos ou non están xustificados. Neste senso, Hitler aproveitou a ocupación dos países para desposeelos das mellores obras de arte e crear un dos maiores museos do mundo na Alemania. Tamén o fixeron os seus colaboradores e así, presuntamente, npo Tyssen hai un Pisarro procedente da etapa colaboracionista dos Tysen có réxime nazi, ou iso se dí. Agora, anos despois, os propietarios lexítimos atopan os cadros e solicitan esta devolución. Aquí temos, como exemplo, un artigo sobre un Manet

martes, 20 de marzo de 2012

Machu Pichu

Estamos annte un dos mitos da humanidade, a cidade escondida dos incas onde se refuxiaron despois dos españois. Agora, seica tiña outro nome segundo unha investigadora española. De ser verdade estamos ante outro caso de cidade reconvertida, e da súa fundación

U novo Van Gogh?

Va gogh é o prototipo do pintor desgraciado, non vendeu un cadro na súa vida e despois de morto valen millóns. De vez en cando tamén atopamos novos como ésta natureza morta. E neste enlace de El País vemso máis

lunes, 19 de marzo de 2012

200 anos da Pepa

Chegou outra data máxica, o bicentenario da Pepa. Nesta data, é curioso como todos os períodicos publican especiais, incluso aqueles de tendencia máis conservadora. aquí temos unha escolma: o Xermen no ABC, esta visión máis realista e esturioso análise sobre a autoría do popular nome da Pepa  en El País, e este curioso estudio publicado en El mundo que pretende probar a influencia da constitución americana na Española.

lunes, 12 de marzo de 2012

outro Leonardo?

En todos os sitios se fan reformas. Nas obras públicas non ían ser menos. Todos coñecemos o fresco das batallas que pintou Leonardo e que, segundo se cría, debido a súa técnica desapareceu. Pois, de crer nesta noticia, debaixo dun Vasari, se atoparía o fresco. Sería o segundo cadro relacionado con Leonardo atopado este ano. E neste artigo de El País outra visión, que nos axuda a establecer o que verdadeiramente poido ocurrir

sábado, 10 de marzo de 2012

A derradeira idade de xeo

O descendo das temperaturas da terra e as glaciacións provocaron alteracións na flora, na fauna e na vida do home. Estiveron vinculadas a cambios no planeta, pero sen probas. Agora, en México, se atoparon evidencias que, de demostrarse axudarían a explicar o porqué do descenso e, sobre todo, a extinción dos dinosaurios

Os grafittis

Ademáis da arte oficial, pr así decilo, existe un arte popular e espontáneo, representado polas pintadas que se fan nas rúas que, ás veces, son verdadeiras obras de arte. Sobre todo se son apoiadas polos concellos. Unha boa medida xa que, en vez de estropear un monumento ou un edificio singualr, poden ser canalizados como verdadeira expresión artística. Este é o paso dado por Lisboa que outros concellos poderán seguir se ten éxito.

domingo, 4 de marzo de 2012

Os colosos de Menón dous mil anos despois

A civiización exipcia, unha das máis importantes da anigüidade, produciu moitas obras para a posteridade.O coñecemento de todas e a súa utilidade orixinal  é imposible A maior parte deleas desapareceron, ben sexa polos saqueadores ou polo paso do tempo. Unha das máis impñortantes é a de Menon cós seus colosos dos que, ate agora se coñecían dous. Os outros doous desapareceron... ate hoxe. Unha equipa internacional reconstruiu e colocou no seu sitio o primeiro da nova parella.

sábado, 3 de marzo de 2012

Unha autopsia mil anos despois

Ötzi era un home que foi sorprendido por unha tormenta de xeo e neve no séu hábitat, quedando sepultado e conservado para sempre. A importancia deste home está na súa antigüidade e en que podía ser unha peza clave na evolución da humanidade. Para solucionar todos estos problemas, unha vez que a calor premitiu o desxeo e deixouno a descuberto se lle fixo un completo estudio. O resultado, que se pode ler aquí é un completo catálogo de enfermidades e nesta nova do xornal El mundo dan máis datos para coñecelo e datos que agora poden resultar relevantas pero quizáis antes non  o foran, coma a propensión polos infartos, un rasgo moi do século XXI fai miles de anos