Aviso de Cookies

En cumplimiento de la Directiva Comunitaria se informa de que este blog usa cookies propias y de terceros con el fin de mejorar su experiencia. Si continua navegando consideramos que acepta su uso

domingo, 23 de diciembre de 2012

A Capela sixtina protexe as súas pinturas

Moitos séculos de visitas poden máis que as pinturas do xenial Miguel Anxo. Para evitar a súa desaparición o Vaticano limpiará e baixará a temperatura corporal ós visitantes.

A NASA e National Geographic explican e o 21-12-12

Agora que xa está claro que non rematou o mundo, pode ser de utilidade esta explicación da NASA baseada en criterios cintíficos e a de National Geographic soborde o non fin do mundo

sábado, 22 de diciembre de 2012

O Xoven Van Dyck

O Museo de el Prado está a celebrar unha exposición dp xove Van Dicyck, segundo a crítica unha das máis importantes das que se celebraron do xenial artista holandes. Neste especial do xornal ABC podemos ver toda a información  e ver algun dos  séus cadros

domingo, 16 de diciembre de 2012

Atopado o boceto da cúpula da catedral de Florencia.

a cúpula de Santa María das Flores  na catedral de Flolrencia é un dos fitos da historia do arte. Símbolo do Renacemento e guía doutras cúpulas máis modernas. Unha solución a un problema que agora sabemos tiña un ensaio. Bruneleschi ensaiaba as  posibles solucións e deixóu feito unha cupuliña no subsolo do séu obradoiro, fose provisorio ou non, que rematóu reusado no paso dos tempos. E, ó estilo dos antigos exipcios, deixóu pistas falasas para se asegurar que a a cçupula fose única. La Nazione, o Xornal de Florenciaa cidade onde está a cúpula, recolle a nova e tamén publica os resultados da vixiancia á que foi sometida a cúpula nos derradeiros 60 anos 

domingo, 9 de diciembre de 2012

O templo de Debod en Madrid está enfermo.

Unha das grandes singularidades de Madrid, o templo de Debod, enferma. Este templo, regalo de Exipto pola contribución española no rescate, iniciativa da UNESCO  dos templos que ían quedar  anegados pola presa de Assuan, precisa dunha posta en valor que explique a importancia e o salve dos perigos da vída moderna. Hoxe, o xornal ABC conta a historia da construcción da presa, do rescate dos templos e o destino dos outros tres que sairon de Exipto

viernes, 7 de diciembre de 2012

O dinosaurio máis antigo da terra...ate agora

Estaba nun museo en Londres e ninguén lle facía caso ós restos. Ate que alguén puxo máns á obra, in vestigóu... e deu có fragmento de dinosaurio máis antigo da  terra . Aquó o artigo de Sterling Nesbitt na revista Biology letters

Unha nova especie de dinosaurio achada en Teruel

Teruel é unha provincia onde a xente esté moi concienciada das vantaxes de atopar fósiles. De Feito o maior parque temático histórico, Dinópolis, está repartido polos municipios onde pareceron achádegos fósiles. Estes días saíu á luz unha nova especie ainda  que queda un arduo traballo de reconstrucción do animal

Óscar Niemeyer:Resumo da vida e obra.

Despois da morte de Óscar Niemeyer, algúns colegas escriben artigos glosando a súa obra: unha pequena escolma na prensa de hoxe ensina artigos de: Borja Hermoso, Wilian Curtis, Oriol Bohigas, Sir Norman Foster e o mapa coa localización das súas mellores obras en Brasilia. Tamén recolleron o séu pasamento a BBC e en TV5 francesa. Ésta ten interese, sobor de todo por estar considerado discípulo de Le Corbusier

jueves, 6 de diciembre de 2012

Adeus a Oscar Niemeyer(1.907-2.012)

Onte, ós 104 anos de idade finou un dos arquitectos máis recoñecidos do mundo, Oscar Niemeyer, arquitecto comprometido onde os haxa, deseñador da cidade Brasilia, un exemplo de construcción de nova capital, e que en europa deixóu poucas obras, de feito só en Portugal e  en España, unha obra que e o resumen da súa arquitectura o centro Niemeyer na cidade de Avilés, sobre a ría , nas súas verbas" unha gran praza aberta a todos os homes e mulleres do mundo, un gran palco de teatro sobre a ría e a cidade vella. Un Lugard para a educación, a cultura e a paz». Se ben é certo que case toda a súa obra está en Brasil, non por elo e menos importante. Hoxe todos os medios do mundo recollen a nova do séu pasamento.  Nesta escolma de urxencia : En Brasil , os da súa cidade Río como O Globo  falan da súa traxectoria e mesmo con especiais e no Extra como exemplos. Brasilia, a cidade que él levantóu verá o séu velatorio, o correio Braziliense adícalle un especial . En Portugal, Público, o Expresso e o jornal da Madeira, de funchal onde tiña un dos séus proxectos. En España El País cún especial  El Mundo, con especiais das súas obras e do Niemeyer de Avilés en construcción, o xornal ABC e en Asturias  El Comercio que, como non podía ser menos, fai un recorrido moi especial pola súa obra española 

miércoles, 5 de diciembre de 2012

una tapa de Dólmen no saviñao para comer os cerdos

Galicia foi terra de dólmenes na idade do ferro que quedaron abandonados e despois, cando a maleza os tapou non se soubo máis deles.Había tantod que é case imposibel facer un inventario completo deles. de Cando en vez a xente os atopa e os "recicla" ou os rompe có tractor. No concello de O Saviñao, na Riveira Sacra, unha tapa dun dólmen convenientemente "adaptada" serve para que coman os cerdos e se atopñou por casualidade, como case todo en Galicia.Ë o dó,lmen de Abuime catalogado por Cuevillas e Antonio Fraguas, os pais da arqueoloxía galega, fai case un século 

Atopan un novo cadro de Velázquez

Un cadro de Velázquez que se creía perdido aparece: El inquisidor que se atopaba medio esquencido, analizado na revista Ars Magazine e que entra de cheo no catálogo de Velázquez.

domingo, 2 de diciembre de 2012

30 anos da chegada dos socialistas ó goberno español

hoxe fai 30 anos da victoria do PSOE en España e é tempo de mirala en perspectiva. Sobre todo porque a etapa foi moi descalificada pola dereita cando chegóu ó poder. O xornal El País publica un especial sobre esas datas cun análise moi riguroso. Podemos lembrar que fan os integrantes dos gobernos, as medidas dos primeiros 100 días de goberno, un análise da situación de España naquel tempo, unha  escolma dos avances sociais  e un balance dos logros dos gobernos

miércoles, 21 de noviembre de 2012

O Calendario maia do fin do mundo pode ser unha biografía

As especulacións sobre o fin do mundo o próximo 21 de decembro baseadas no calendario maia poden estar un pouco máis cerca do seu final. Un novo estudio revela que se trata dunha biografía dun gobernante local e non dunha profecía a longo prazo, na que os maias seica non eran especialistas. Falta pouco para a confirmación.

domingo, 28 de octubre de 2012

Coñcemos un pouco máis a Lucy

Lucy foi o primeiro resto humán que se coñeceu. Cando ela existía ademáis de camiñar coa postura bípeda, seica conservaban costumes dos monos como subirse ás árbores. Como Afarensis, ocupan o centro da evolución humana, unha mixtura entre o home e o mono

A función sexual das plumas nos dinosaurios.

Os dinosaurios sempre están no maxín colectivos. Eses animais tan grandes, que desapareceron, gardan moitos misterios que, de vez en cando saen á luz. Agora un estudio publicado na revista Science realcciona as plumas e a capacidade sexual dos dinosaurios, xa  que os fósiles que se atoparon en Canadá desenvolvían as ás na idade adulta.

domingo, 21 de octubre de 2012

Os bispos españois no concilio Vaticano II

A postura da cúpula da igrexa espñola fronte a Franco sempre foi controvertida. A axuda na Guerra Civil, mís ben lexitimación, deulle unha postura de forza que fora non sempre estivo ben vista. Un exemplo o temos no artigo do xornal El País que conmemora o 50 aniversario do concilio Vaticano II e relata as piruetas que tiveron que facer nel. Ademáis, se consideramos que o Papa non compartía a idea da cruzada evanxelizadora que algúns bispos e franco propuxeran...

domingo, 30 de septiembre de 2012

Unha fortaleza da Idade do Bronce en Murcia

No decurso dunhas excavacións en La Bastida, concello de  Totana, Murcia, os arqueólogos descubriron unha  estructura que resultou ser unha fortaleza para defensa e ataque con diferentes estratos, que poderia ter influencia oriental e semellarse á cidade de Troia.,á falta de posteriores investigacións. esta fortaleza, polo momento, é única na península ibérica.

Novidades na cidade romana de Turóbriga, Huelva

O  xacemento romano de Turóbriga en Aroche(Huelva) ensina un pouco máis do seu pasado. Nestas excavacións se atoparon restos dos colexios romanos, o que nos permite coñecer un pouco máis da súa estructura e do dominio romano da península na zona de Andalucía. Aquí a nova no xornal de Huelva, Huelva Información

lunes, 10 de septiembre de 2012

Un Renoir nun mercadillo de rúa de Virginia (USA)

Todos estamos afeitos a ver nas películas escenas de xente que vende as súas pertenenecias na rúa, nunha escena típicamente americana. Pero, ás veces, a realidade supera á ficción. Unha muller mercou, xunto a outras cousas,  nun rastro de rúa de Virginia un Renoir por 39 dólares. Naturalmente, esta pintura despois de moitas peripecias foi autentificada e a nova deu a volta ó mundo. Na BBC falan do premio gordo da lotería, En tvcinq de Francia se limitan a dar a nova

Cova Eirós: Neandertais na canteira

O Xacemento de Cova Eirós, no que recentemente descubriron as primeiras, e ate o de agora únicas  pinturas rupestres de Galicia, está nunha canteira propiedade dunha empresa de cementos. Este artigo publicado no xornal El País resume moi ben as características da cova, os achados das campañas e nos da algo de luz sobre cómo vivían os neandertais nesta zona. Seica a sucesión de niveis, entre os 20.000 e os 80.000 anos permite ter datos da ocupación humana nesta zona da península.

A porta do paraiso da catedral de Florencia restaurada

Unha das obras cumio da arte mundial, a que significóu o paso do gótico ó Renacemento e obra mestra, a porta do paraíso da catedral de Florencia, remata a súa restauración e pode ser visitada polo público outra vez. Aquí a nova no xornal La Nazione de Florencia e a imaxe da porta restaurada .

Neandertais no val de Lozoya(Madrid)

O estudio da  evolución humana segue a dar os seus froitos. Na Serra de Guadarrama, no val de Lozoya  en pleno centro de España, apareceron restos de neandertais que nos poden ensinar cómo comían, e as súas costumes. Tamén apareceron dentes soltos. Todo esto pode permitir a reconstrucción das súas formas de vida, da súa alimentación e sobre todo respostar á pregunta fundamental da súa extinción.

domingo, 2 de septiembre de 2012

En Castulo(Xaén) descubren un mosaico romano

Na cidade ibero-romana de Cástulo, Xaén, que está a ser escavada, descubriron un nosaico romano. Amáis do séu excelente estado de conservación, é importante porque a súa ceronoloxía, de finais do Século I principios do II non é moi habitual, polo menos ate o de agora. Tampouco é moi normal que o edificio no que estaba desaparecese e se conservase o masaico. Para saber a súa situación, nas proximidades de Linares, aquí hai un artigo das calzadas romanas máis importantes cun mapa

o Castro de Baroña comeza a se restaurar

O Castro de Baroña é un dos monumentos máis visitados de Galicia. Ó estar nunha praia sufre io deterioro contínuo da erosión e os visitantes. Por iso, a restauración comezou este ano. Os resultados están á vista: As Casas teñen portas, as murallas se definen. E, sobre todo, pode ser visitado por unha gran cantidade de xente e restaurado á vez.

jueves, 30 de agosto de 2012

Pinturas ocultas pola cal nunnha igrexa de Guitiriz

As sucesivas reformas das igrexas dan pé a descubrementos interesantes. Son ben coñecidas as pinturas medievais que, coa edade moderna, desapareceron pola cal. Cando se decide arranzar a igrexa, aparecen. Esto debeu pasar en Santa María de Labrada, a 15 km de Guitiriz, onde atoparon frescos en bó estado de conservación sobre a vida de Cristo. Agora é o tempo dos estudiosos e da súa conservación.

A Muralla de Barcelona descúbrese un pouco

   A antiga Barcino dos romanos coñécese un pouco máis. A súa muralla  que deixou paso a outras edificacións  ten xa recuperados 40 metros para o coñecemento do pasado. Precísamernte este ano, cando se cumplen 150 anos do derrubo das murallas e o avance cara ó Eixample.

un novo teatro maia

En México acaban de atopar un novo resto dos maias: Na zona de chiapas apareceu un teatro usado polas élites. Un novo avance no estudio desta civiñización

miércoles, 22 de agosto de 2012

o Ecce homo "reinterpretado"

A realidade sempre supera á ficción: unha obra de arte do século XIX que decoraba unha igrexa de Zaragoza estaba un pouco deteriorada polo paso do tempo, chega unha persoa sen coñecementos previos, a limpa e: A comparación está aquí. A señora polo menos consegiú algo: o seu pobo saiu en toldos os medios estranxeiros e en twiter hai comparacións máis ou menos graciosas

martes, 21 de agosto de 2012

o home chegóu a Asia 20.000 anos antes

A cronoloxía humana atrasa no tempo, se primeiro foi Atapuerca a que obrigou a cambiar a europea, agora os achádegos en Laós  dun equipo da universidade de Illinois publicado en PNAS e do que  aquí podemos ver o resumo  cambian a teoría da ocupación do home en Asia. ademáis, ó ser atopada no interior suxiren que xa se desprazaban en busca de alimentos

lunes, 20 de agosto de 2012

As pinturas de Cova eirós na prensa estatal

O achádego das primeiras pinturas rupestres galegas está a ter repercusión snos xornais estatais: El País publica a nova e as primeiras fotos das pinturas, unha entrevista a Ramón Fábregas, o director da investigación , un artigo do principio da excavación e un resumo das características da cova

Cova Eirós(Traicastela): As primeiras pinturas rupestres galegas.

A Cornixa cantábrica é famosa polas súas covas con gravados rupestres, dende o País Basco ate Asturias... ate agora. Sempre se pensou que Galicia, como era granítica, non podía ter pinturas rupestres.Hai que falr en pasado porque en Cova Eirós , que en anteriores investigacións xa tivera unha cronoloxía máis antiga, atoparon pinturas zoomorfas.Tamén atoparon colgantes e utensilios que fixeron ampliar a zona de excavación  a zona delimitada por Monforte, Becerreá e Triacastela ven sendo investigada e xa se atoparon os restos de Neandertal más antigos do Noroeste, ou un calendario luar paleolitico. As excavacións durarán polo menos dous anos máis

domingo, 19 de agosto de 2012

Está Leonardo autorretratado na última cena?

Todos os grandes pintores fixeron un ou varios atorretratos seús. Xa sexa individuais ou colánose nas obras máis representativas. Exemplos tempos para todos os gustos. Agora Ross King, un estudioso do arte dí que o apóstolo Tomás tén os rasgos de Leonardo coma se de un autorretrato se tratase. VErdade ou mentira? Todo pode ser, non hai documentos.

jueves, 9 de agosto de 2012

Exposición de arte perdido e/ou roubado na TATE

 As obras de arte foron de sempre un botín apetitoso, tanto que os roubos están  á orde do Día. Hoxe a TATE pón en marcha unha exposición na  web para velos  recuperalos. Aquí se poden ver por si alguen sabe onde están

un novo cadro de Leonardo en escocia?

A producción dos pintores antigos non está catalogada completamente. Tanto é así que, periódicamente, aparecen obras dalgún deles. Agora, o Daly Mirror publica que un cadro que estaba nunha granxa e que vai ser vendido pola crise, pode resultar unha María Magdalena de Leonardo Da Vinci. De ser así, habería que engadir máis cadros á producción de Leonardo e, de paso, cambiar a historia da Arte.

Fósiles en Kenia axudan a reconstruir a evolución humana

      En Kenia os achádegos de fósiles humannos permiten reconstruir a evolución humana: Estos achádegos permiten  cambiar a visión tradicional da evolución por desaparición. Novos análises demostran que có homo Erectus conviviron tres especies máis. Tamén permiten reconstruir a súa dieta

martes, 7 de agosto de 2012

claustro de Palamós: Misterios sen resolver.

Unha vez que o dictame oficial estivo publicado, quedan unha serie de interrogantes por resolver, entre os que, o xornal El País destaca estos. Pode haber máis, pero de momento, chegan para resolvelos

jueves, 2 de agosto de 2012

claustro de Palamós: Dictame oficial.

Pois sí, despois de moitos meses, estudios ós que non invitan a expertos da zona,  por fin temos o esperado  dictame da Generalitat: o claustro é do século XX con pezas románicas. conclusión, non hai nada que protexer. Mentres, os especialistas en arte románico dixeron que sí  o era.Aquí está a opinión do Catedrático Gerardo Boto, que a pesar de ser especialista non foi invitado na comisión

domingo, 22 de julio de 2012

Atapuerca: un novo cemeterio e un oso

As excavacións de Atapuerca, descubre cada ano algo novo. Este ano foi o primer cemiterio e  santuario   que revela prácticas máis complexas para os homes da zona , e unha nova especie animal, un oso

claustro de Palamós, medieval ou do século XX?

O Claustro de Paslamós segue a dar qué falar, O que para algúns expertos como Peridis era medieval e unha simple compra e mudanza, para os arqueólogos da Generalitat de Catalunya é do século XX. Será certo ou unha estratexia. Por si as moscas, este artigo tenta arroxar luz

miércoles, 11 de julio de 2012

Machu Pichu: Un novo tramo da calzada

O templo do Machu Pichu, situado nun lugar inaccesible e moi preto do ceo foi o derradeiro refuxio dos incas. Todavía quedan misterios por aclarar, pero estos días atopouse un novo tramo da calzada seica de modo fotruito polo deslizamento de terras. Pronto poderá ser visitado, e poderemos pisalo, se supón.

jueves, 5 de julio de 2012

Calendario Maya: outra evidencia de cambio de ciclo

O calendario Maia rexíase polos batkun e o 13, que se facía coincidir có fin do mundo, chegaba ate o 21 de decembro.... ate agora. En México atopárase unha evidencia xa comentada. Agora, en Guatemala, apareceu o que se considera o meirande xeroglífico maia con probas do cambio de calendario. Os guatemaltecos celebrarán o 21 de decembro o pretendido fin do mundo,que será o cambio de civilización, unha oportunidade para se achegar a esta civilización tan interesante e descoñecida

miércoles, 4 de julio de 2012

O códice Calixtino recuperado

Un ano despois da súa desaparición, por fin se atopouA que se día a primeira guía de viaxes, que soamente existen dúas orixinais no mundo e que estaba sen protección, apareceu hoxe na compaña doutros libros e obxectos medievais. O estrano era que o tiña un traballador da catedral, nunha bolsa de plástico e que, xunto a él, tiña máis cousas. Polo de agora pouco se sabe,  á espera dunha información máis documentada e precisa, vemos as informacións na Voz de Galicia, en el Correo Gallego e en El País, por citar unha escolma

viernes, 29 de junio de 2012

Teorías sobre os moais.

Todos coñecemos ós moais, esas enigmáticas esculturas de fai miles de anos levantadas na illa de Pascua e que ninguen sabe cómo se fixeron ni cómo se levaron. Esta teoría suxire que se arrastraron literalemente e se levantaron no seu sitio

domingo, 24 de junio de 2012

Estación de Canfranc: O Séu pasado

Durante a II Guerra Mundial, na que España foi territorio neutral, Canfranc, na fronteira entre España e Francia foi un paso clave: un dos poucos pasos naturais. a súa estación agora está en decadencia, pero os estudios sacaron á luz  o seu pasado cós xudeos escapando por aquí. Como sempre, o paso do tempo permite coñecer as cousas.

sábado, 23 de junio de 2012

centenario de Alan Turing

O home que inventou un dos obxectos máis usados por nós, o ordenador, está de aniversario. Cumpriría 100 anos. Descifrador de códigos e outras cousas máis, nestes días hai unha exposición en londres. Para os que non poidamos vela, temos este artigo coa súa semblanza, e neste os inventos 

viernes, 15 de junio de 2012

As pinturas rupestres máis antigas

De sempre as pinturas rupestres tiveron moito atractivo, ademáis para os que tivemos a sorte de velas sempre terán algo máxico. Hoxe son máis noticia porque as datacións atrasan a cronoloxía 10.000 anos. Segundo isto, terían que ser feitas polos neandetais... ate unha nova datación.Neste artigo do xornal  ABC temos máis datos.E fai umn recorrido polas webs de varios medios para anunciar a repercusión. Aquí o artigo  e a nova no the New York Times, o francés le fígaro, o inglés The guardian , a mítica BBC, o alemán Die Zeit   ou o italianao Il Corriere De la Sera  entre outros

jueves, 14 de junio de 2012

claustro de Palamós. quén o vendeu?

Unha vez identificado o claustro, xa que non había papeles na data da súa vemda e que non cabe dúbida da súa identidade románica, de onde saiú, ou dito doutro xeito. Que pobo ou cidade vendeu un claustro? No artigo do xornal El País déixan varias hipóteses. chegaremos algún día a saber a verdade?

domingo, 10 de junio de 2012

Claustro de Palamós: As opinións.

Unha vez descuberto, é a hora dos expertos: Peridis, unha das persoas que máis sabe do románico español e Gerardo  Boto, o catedrático da arte da universidade de Girona, opinan sobre él.

Webquest maias

Agora que, segundo parece se aveciña o fin do mundo con esta webquest, os alumnos poden aprender algo máis dos maias

A estela do guerreiro no Gaias

De v ez en cando, en Galicia, un agricultor, arando o campo, colleita ujn resto arqueolóxico. Esto foi o que paso fai meses en Castrlo De Val(Ourense), cun menhir único,  a estgela do guerreiro, ata o de agora en Galicia. Os veciños querían conservalo no séu entorno, como parece lóxica. Á xunta víñalle ben para o museo arqueolóxico de Ourense, xa que a cultura non debe de estar fóra das capitais, non vaia ser que os visitantes anden por Galicia e a enriquezcan. Mesmo ameazou para conseguila. Sen consecuencias. Ate que agora, coa ignauguración dun macro edificio e unha macro exposición no Gaias vai viaxar pafra alí e despois semlla que voltará a Castrelo do Val para amosala nun aula de interpretación. Ou eso parece. Ás veces o pobo gáñalle á sinrazón do goberno.

Equilibrio entre o progreso e a arqueoloxía.

Sempre que se quere construir algo e se atopan restos xurse unha pregunta.Debemos conservalos ou debemos progresar? En Galicia fai anos no nome do progreso se destruiron moitos restos prehistoricos, dólmenes, círculos líticos ou cromlenchs, e agora o tempo lle chega ós petroglifos, eses gravados na terra prehistóricos que teñen o defecto de estar no monte, que onde se produce vento, como se en Galicia o vento non estivese en todas partes. O último, polo de agora, en Teo, onde os petroglifos loitan contra a enerxía eólica, un caso só recollido no diario El País

As finanzas da Guerra Civil Española

É de sentido común pensar que unha guerra necesita cartos. Máis se é civil e se levantan contra o goberno de turno. No caso da Española, 75 anos despois non se sabía moito disto, semella que os líderes fosen multimillonarios. Pois unha investigación ven de arroxar algo de luz neste episodio. Os segredos, ainda que tarde, se saben 

viernes, 8 de junio de 2012

o claustro románico de Palamos

Unha vez que o claustro e o séu bó estado de conservación se coñeceu, as accións se suceden. En el País podemos ver: a visión dos medios de comunicación, a crónica da súa montaxe, e a súa vida desde que o mercaron no seu emprazamento orixinal ate Palamos, salvándoo quizás, da destrucción. Moi recomendable o vídeo.

martes, 5 de junio de 2012

Claustro románico español vendido

O patrimonio artístico español foi e é inmenso. Se agora, coas leis de protección, e moi difícil de cuidar todo, antes coa venta directa non se conta. é o caso deste que apareceu montado nunha piscina pedra a pedra. e aquí a páxina web do grupo que a ofrece en aluger

jueves, 24 de mayo de 2012

As pinturas de Lascaux en perigo.

As pinturas prehistóricas pola súa propia definición sempre seon inestables. Despois de miles de séculos abrimos ao debate da súa conservación.. Na cova de Lascaux, francia, a técnica aplicada seica deteriorou máis as pinturas cá española.Un equipo hispano-francés estudiou a situación. Os resultados, neste informe.

Máis sobre Leonrado da Vinci: A virxe, o neno Jesús e Santa Ana.

Outro cadro de Leonardo entra en restauración e da sorpresas: Agora, e con motivo  do achádego n a restauración da virxe, o neno e Santa Ana. Nela desvela detalles vitais do perfeccionismo de Leonardo e do proceso de creación. O resultado á vista

webquest barroco compostelan

Un dos períodos máis salientables da historia de Compostela é o barroco que mesmo deu pé a unha nova escola a do barroco compostelán. Nesta webquest os alumnos poden aprender dun xeito sinxelo as súas características

domingo, 20 de mayo de 2012

Un calendario maia máis alá de 2.012 retrasa o fin do mundo.

Entre as múltiples teorías do fin do mundo, é moi populat aquela que dí que remata np 2-012 porque os calendarios maias remataban neste ano... ate agora. National Geographic publica o achádego dun mural nunha casa que contén cálculos para estender o mundo... 7.000 anos máis. E, de crer os investigadores, seica so calendarios eran para predecir os ciclos da lúa e os mellores tempos de colleitas. Ate que alguen demostre o contrario, unha couda é  segura, o mundo non remata a finais de deste ano. Máis alá destas supersticións, decubrimos unha civilización que, na chegada dos españois a América, era bastante máis avanzado do que se pensaba.

domingo, 6 de mayo de 2012

Torres da catedral de Santiago inclinadas.

A Catedral de Santiago se construi sobre unha ladeira. Iso fixo  que houbese que salvar un desnivel, inapreciable para a xente. Agora, os estudios descubriron que as torres da catedral. están inclinadas, no caso da Berenguela 12 centímetros e a Sur máis de medio metro. Iste último caso ven dado polas distintas fases da construcción.Todos os detalles neste artigo

sábado, 5 de mayo de 2012

Outro tiziano esquecido

O Museo do Prado ten un patrimonio inmenso e disperso por toda España. Un dos grandes represenatados é Tiziano, un pintor que foi moi do gusto de Felipe II, polo que desixou moita obra en España. Se a esto se lle une que o Prado non pode gardar nas suas sás todo o seu patrimnio, e que case se pode facer un museo có patrimonio disperso, explica que haxa aparicións. Como este Bautista que estaba nuha iglesia cheo de pó e de humidades que, tras a oportuna restauración revelouse coma un novo decubremento, e van tres no ano, do museo

martes, 1 de mayo de 2012

webquest comuneiros

Como unha actividade para profundizar nestes dous movementos contra Carlos V temos esta webquest das xermanías e os comuneiros

domingo, 29 de abril de 2012

películas para a clase de historia

o cine é un recurso moi bó para o ensino da historia. Non só porque forma parte dela, senón porque se recrean moitos acontecementos históricos e aspectos da vida cotiá. algúns profesores recompilan todo este material. Este é o caso de Manuel gonzález, un profesor actualmente no IES Concepción Arenal de Ferrol que en clip historia tén unha escolma moi boa dese tipo de recursos

Gutiérrez Mellado: A xuizo na Guerra Civil

A Guerra Civil gfoi un episodio traumático en España. Os partidarios do xeneral franco cometeron moitos asasinatos que todavía hoxe permanecen ocultos. Para dar sensación de equilibrio, de vez en cando saen á luz os procesos dos republicanos, coma se fisexen moitos máis. Cando é o centenariodo nacemento de ¨Gutiérrez Mellado, figura clave na transición, ABC publica o seu proceso polos republicanos.

domingo, 22 de abril de 2012

Arte roubado, os monuments mens

En todas as guerras se produce un expolio de obras de arte. Os máis coñecidos, por ser os máis recentes, son os da guerra de Irak e os da Segunda Guerra Mundial, sobre todo pola afición de Hitler polas obras de arte. Un grupo de homes, chamados monuments mens se adicaron a recuperar o maior número  posibles de obras de arte, algunas delas, como se sinala no artigo, foron recuperadas, outras todavía permanecen sen aparecer.

75 anos do bombardeo de Guernika

A guerr a civil foi un banco de probas para a segunda guerra mujndia. Dentro desas probas tivemos a dubiosa honra de  presenciar o primeiro bombardeo aéreo sobre Guernika que logo se tratou de ocultar. Neste reportaxe, se explica cómo era a vida cotiá e neste as dúbidas morais e o que pasóu

sábado, 21 de abril de 2012

Eugenio Granell, un século

O surrealismo foi un movemento pictórico moi especial. En España todo o mundo coñece a Dalí, pero un dos maiores esquencidos é euxenio Granell, polo menos en España. Quizás o feito de ser galego, ou ser de esquerdas na dictadura contribúe. O certo e que é un dos pintores surrealistas máis imporatntes. Nestes artigos se repasan a súa achega ó surrealismo, a esquecida literatura e unha entrevista coa directora da fundación que tamén é a súa filla sobre ao papel da mesma en Santiago

martes, 17 de abril de 2012

memoria de vigo

Todas as cidades derrubaron edificios para dar paso a novas construccións, froito dunha mentalidade que entendía progreso como derrubo. Neste video da cidade de Vigo vemos o que había antes destas construccións actuais

domingo, 15 de abril de 2012

Felipe II rei de Portugal

O reinado de Filipe II pasou á historia coma aquel onde "nunca se ponía el sol", resultado de unir España  e Portugal, como nos contan en este artigo do diario ABC , con resultados moi malos para as dúas coroas, cinco séculos de cóstas.

sábado, 14 de abril de 2012

Máis sobre o Titanic

Entre os artigos curiosos sobre o centenario do Titanic , este publicado na voz de Galicia sobre as características sociais do barco, a  sobre a seguridade nos barcos despois do titanic Entre as hipóteses do afundimento, este  vídeo de V televisión  que  lanza unha nova baseada na conxunción da lúa

Titanic: 100 anos do mito

Taldía coma hoxe, fai 100 anos, afundía o Titanic e comezaba o mito. a gran cantidade de persoeiros importantes, influintes e a pretendida insumerxibilidade do barco deron lugar a múltiples lendas e películas. Hoxe, os xornais adícanlle especiais e especiais como este de ABC,ou El Mundo. en El País sobre o que hai que facer cando afunde, os defectos de construcción , ou a búsqueda do porqué se afundiu. tamén no reino Unido temos o sitio oficial do Titanic

martes, 10 de abril de 2012

O santiago de fai mil anos

Cando facemos unha obra en santiago, periódicamente aparecen cousas doutras épocas. É o caso desta obra na rúa do Franco que nos remite ó primeiro habitante de nome coñecido  onde ó destapar o solo apreceron almacéns para gardar... Neste momento é de celebrar a sensibilidade do propietario que permite conservar e ver, a partir do verán o que se atopou.

domingo, 8 de abril de 2012

Disputas artístico-relixiosas en España

A división parroquial e eclesiástica española foi moi antiga. en moitos casos descende dos visigodos cando non había provincias nin rexións nin España era España. Polo tanto, non era raro ver que dióceses eclesiásticas se introducisen no territorio de dúas provincias. O problema ven cando, por nacionalismos ou políticas,  intentamos cambiar a tradición e divorciamos uns territorios doutros. Un dos perxudicados é o patriimonio cultural que non se sabe a qué diócese ou museo pertence. Como ocurre estes días entre a diócese de Barbastro e a de Lleida, cando o patrimononio debería ser de todos.

Revisionismo histórico español

España, como outros grandes países, tivo unha guerra civil.Ate ahí todo normal, ou case. O que non é tan normal é que, a transición espñola, que se fixo sobre a base de perdoar ós vencendeores e integralos no sistema, se valga dos historiadores para reescribir o pasado e moldelo ó séu antollo. son os chamados revisionistas, aqueles que lle chaman, por exemplo, cruzada de liberación ou glorioso alzamento ó golpe de estado de 1.936. Un dos picos da súa actuiación foi no diccionario histórico onde  soamente, por pór un exemplo, publicaron de Franco a cara máis amable, por dicilo suavemente. Agora, uns historiadores tentan poñer as cousa na súa xusta medido e, de paso, axitar a historiografía española.

viernes, 6 de abril de 2012

A orixe do fogo

O achádego do fogo é un dos maiores avances na historia da humanidade. Comparable ó da invención da roda ou da imprenta. O fogo permitiu quentarse, preparar a comida quente, escorrentar ós animais e preparar ós bosques meddiante a queima para a agricultura. Sempre se cría que o fogo comezara fai 700.000 anos, ate agora e que un grupo de científicos atopou na caverna de wonderweck evidencias que permiten datalo fai un millón de anos. Aquí está o orixinal do artigo en inglés na revista PNAS da academia das ciencias de norteamérica

Google Art project

O art project, a bersión de google para estudiar e ver as obras de arte dos principais museos, xa vai pola segunda versión, con máis museos e moi mellorada, segundo se explica neste artigo. Mágoa que España esté tan mal representada e, sobre todo, que non esté o Museo do Prado, un sos máis importantes do mundo

jueves, 5 de abril de 2012

a famalia do Tiranasurios rex

A evolución dos animais e das distintas especies sempre foi un miesterio. Sobre todo no mundo dos dinasourios. Que animais tan fortes e pesados desaparecesen da terra xa é un misterio. O xurdemento das aves outro. O Achádego en China deste fosil con ás pode dar un pouco máis de luz.

martes, 3 de abril de 2012

Cráneo de dinosaurio en Teruel

España foi, na antigüidade, un paraiso para os dinosaurios. As excavacións de novas infraestructuras ou, simplemente por azar, descubren periódicamente novas especies e nos permiten reconstruir a vida naquel tempo. É o caso deste cráneo que axuda a  completar unha nova especie.

Mingote

Os caricaturistas sempre foron moi apreciados. Eso de adicarse a contar a realidade cunha viñeta e con sentido do humor non debe de ser fácil, por iso hai poucos. Son artistas do noso tempo. Un deles é mingote que morreu hoxe ós 93 anos. ABC, que foi a súa casa e onde debuxou moitos anos, publica iste especial, este orixinal diccionario,  e esta semblanza da súa vida

domingo, 1 de abril de 2012

A legalización do PCE en España

A transición española, un periodo que maravillou a Europa, xa que unha dictadura da paso em pouco tempo a unha democracia, ten moitos misterios por contar. Un deles é legalización do PCE polo presidente Suarez e a contención dos militares españois despois de 40 anos tendo ós comunistas como o inimigo. Sempre houbo un pacto de silencio sobre os motivos que se producirom, ate agora. Nesta información de El País contan cómo se produciu todo e axudan a solucionar un dos enigmas da transición

sábado, 31 de marzo de 2012

novos anos para A Gioconda

As  verdades absolutas sen papeis non existen, e non se libran ni as máis famosas. A Gioconda madrileña permite datar e rexuvenecer a orixinal do Louvre. Seraá a definitiva? e, xa postos, servirá para esclafrecer o misterio do nome da Gioconda?

domingo, 25 de marzo de 2012

Arte roubado

O tráfico de obras de arte existiu dende sempre. Por nos remontar á idade contemporánea, os ingleses e os franceses competiron polo maior número de antigüidades exipcias. Sempre que hai unha guerra, os roubos, sexan éticos ou non están xustificados. Neste senso, Hitler aproveitou a ocupación dos países para desposeelos das mellores obras de arte e crear un dos maiores museos do mundo na Alemania. Tamén o fixeron os seus colaboradores e así, presuntamente, npo Tyssen hai un Pisarro procedente da etapa colaboracionista dos Tysen có réxime nazi, ou iso se dí. Agora, anos despois, os propietarios lexítimos atopan os cadros e solicitan esta devolución. Aquí temos, como exemplo, un artigo sobre un Manet

martes, 20 de marzo de 2012

Machu Pichu

Estamos annte un dos mitos da humanidade, a cidade escondida dos incas onde se refuxiaron despois dos españois. Agora, seica tiña outro nome segundo unha investigadora española. De ser verdade estamos ante outro caso de cidade reconvertida, e da súa fundación

U novo Van Gogh?

Va gogh é o prototipo do pintor desgraciado, non vendeu un cadro na súa vida e despois de morto valen millóns. De vez en cando tamén atopamos novos como ésta natureza morta. E neste enlace de El País vemso máis

lunes, 19 de marzo de 2012

200 anos da Pepa

Chegou outra data máxica, o bicentenario da Pepa. Nesta data, é curioso como todos os períodicos publican especiais, incluso aqueles de tendencia máis conservadora. aquí temos unha escolma: o Xermen no ABC, esta visión máis realista e esturioso análise sobre a autoría do popular nome da Pepa  en El País, e este curioso estudio publicado en El mundo que pretende probar a influencia da constitución americana na Española.

lunes, 12 de marzo de 2012

outro Leonardo?

En todos os sitios se fan reformas. Nas obras públicas non ían ser menos. Todos coñecemos o fresco das batallas que pintou Leonardo e que, segundo se cría, debido a súa técnica desapareceu. Pois, de crer nesta noticia, debaixo dun Vasari, se atoparía o fresco. Sería o segundo cadro relacionado con Leonardo atopado este ano. E neste artigo de El País outra visión, que nos axuda a establecer o que verdadeiramente poido ocurrir

sábado, 10 de marzo de 2012

A derradeira idade de xeo

O descendo das temperaturas da terra e as glaciacións provocaron alteracións na flora, na fauna e na vida do home. Estiveron vinculadas a cambios no planeta, pero sen probas. Agora, en México, se atoparon evidencias que, de demostrarse axudarían a explicar o porqué do descenso e, sobre todo, a extinción dos dinosaurios

Os grafittis

Ademáis da arte oficial, pr así decilo, existe un arte popular e espontáneo, representado polas pintadas que se fan nas rúas que, ás veces, son verdadeiras obras de arte. Sobre todo se son apoiadas polos concellos. Unha boa medida xa que, en vez de estropear un monumento ou un edificio singualr, poden ser canalizados como verdadeira expresión artística. Este é o paso dado por Lisboa que outros concellos poderán seguir se ten éxito.

domingo, 4 de marzo de 2012

Os colosos de Menón dous mil anos despois

A civiización exipcia, unha das máis importantes da anigüidade, produciu moitas obras para a posteridade.O coñecemento de todas e a súa utilidade orixinal  é imposible A maior parte deleas desapareceron, ben sexa polos saqueadores ou polo paso do tempo. Unha das máis impñortantes é a de Menon cós seus colosos dos que, ate agora se coñecían dous. Os outros doous desapareceron... ate hoxe. Unha equipa internacional reconstruiu e colocou no seu sitio o primeiro da nova parella.

sábado, 3 de marzo de 2012

Unha autopsia mil anos despois

Ötzi era un home que foi sorprendido por unha tormenta de xeo e neve no séu hábitat, quedando sepultado e conservado para sempre. A importancia deste home está na súa antigüidade e en que podía ser unha peza clave na evolución da humanidade. Para solucionar todos estos problemas, unha vez que a calor premitiu o desxeo e deixouno a descuberto se lle fixo un completo estudio. O resultado, que se pode ler aquí é un completo catálogo de enfermidades e nesta nova do xornal El mundo dan máis datos para coñecelo e datos que agora poden resultar relevantas pero quizáis antes non  o foran, coma a propensión polos infartos, un rasgo moi do século XXI fai miles de anos

domingo, 26 de febrero de 2012

El bosco

OS cadrod, como con todo, necesitan coidados. O pó, o ar, as visitas, a repiración,.... o medio en fin, cambia todo e de cando en vez hai que restauralos. Como lle sucede a esta obra de El bosco. Ademáis, as novas técnicas de raios X nos permiten estudiar todos os matices do cadro, os arrepentementos e as múltiples perspectivas. Pero, sobre todo,  nos permiten contemplar o cadro tal e como se pintou... con varios séculos de diferencia.

A evolución do home.

Un dos campos que máis investigación xera é o do home e a súa evolución. Cómo aparecéu, e cómo chegóu ate o de agora. O Campo dos neandertais e da súa desaparición está a dar nova evidencias que aparecen resumidas neste artigo e que suxiren, máis alá dunha evolución a un empobrecemento xenético derivado da súa endogamia ou non poder adptarse ó medio conevenientemente.Científicos de diversas universidades e países tentan traer un pouco de luz a estas preguntas.  Estas que aquí temos  publicadas no diario El País  son o resultado das derradeiras investigacións.... ata agora

Os mitos precristiáns.

O imaxinario de Galicia sempre estivo che de mitos. Os referentes ó periodo prerromán estiveron agochados, xa que a tromanización tapou todo. Están a sair á luz pública por excavacións, achádegos agrícolas e outros métodos. Na localidade de Coirós, en Pena furada apareceron algunhas figuras que, segundo os arqueólogos, estaban orientadas ó sol, e entronca có mito da moura moi extendidos en Galicia. Este campo, moi pouco investigado en Galicika, poida que permita sacar á luz a orixe do noso pobo e das nosas crenzas

A Fragata Nosa Señora Das Mercedes

O nar garda moiros tesouros que, de cando en vez saen á luz. Unhas veces pola simple acción do mar, outras pola acción dos estados e outras pola acción dos cazatesouros, que intentan sacar o maior beneficio. Este é o caso da frgata Nosa Señora das Mercedes. que se afundiu por acción de guerra e que, agora, sae á luz. Máis alá das implicacións da oferta e da demanda, é bó saber que o progreso axuda a atopalos e que as leis sempre se cumplen e poderemos disfrutar  dela, e coñecer algo máis a nosa historia, que é do que se trata. Nestos reportaxes de El País , de ABC onde ensina cómo se consegiu recuperar para España o tesouro, esta outra con gráficos, e unha pequena lección do contexto histórico e as peripecias ate a chegada do tesouro a España.Esta da  outra visión da situación que axuda a completar  o que ocurriu. Para entender realmente unha situación necesitamos dos puntos de vista enfrontados, xa que a verdade está no punto medio.

domingo, 19 de febrero de 2012

O comezo da Guerra civil

Unha guerra sempre trae consigo varios problemas e unha evidencia: od que gañan escriben a súa histotia e tratan de reescribila. No caso da Guerra Civil, a aoportuna estadía de Franco nas Palmas no soterramento do xeneral Balmes facilitoulle moito o salto  A Marrocos. Ou, como suxire Viñas neste artigo sobre o seu libro non foi tan casual? Sexa como for, tomando as debidas distancias, cómpre ir ós arquivos, falr cós supervivintes  e interpretar as hipótesis. Será ésta a verdeira ou a oficial?

Franco a debate

a función de toda obra de arte é xenerar unha corrente de opinión a favor ou en contra e mover conciencias. Esta figura de Franco no expendedor de Coca Cola é o exemplo. Neste caso, que ten a súa raigame no pop art coa figura de Marilyn, vemos a unión de dous estereotipos que están no maxín colectivo: o español dos derradeiros 35 anos e o americano dos 125. É  verdade que todo o mundo superou os anos da dictadura? E o que é máis, a obra tén unha interpretación estética? 

jueves, 2 de febrero de 2012

A Gioconda bis

Nos museos non se poden expór todas as obras. Normalmente gardan nos almacéns aquelas obras menores que non caben nas paredes. Pero, ás veces, temos sorpresas coma a copia da Gioconda descuberta no Prado, que levaba prácticamente dende a súa fundación. O singualr é que o mellor discípulo de Leonardo pintaba a acopia mentres Leonardo facia o orixinal e que, quizás, poida axudar a desvelar moitos misterios. Podes comparala có orixinal no diario El País e ver os cambios no ABC deste auténtico terremoto mundial no mundo da arte.