Curiosidades relacionadas coa historia e a arte dende a óptica do temario do ensino de Galicia
Aviso de Cookies
En cumplimiento de la Directiva Comunitaria se informa de que este blog usa cookies propias y de terceros con el fin de mejorar su experiencia. Si continua navegando consideramos que acepta su uso
Mostrando entradas con la etiqueta Historia de España. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Historia de España. Mostrar todas las entradas
lunes, 14 de abril de 2014
Cristobo Colón é de Poio, Pontevedra?
Cristobo colón, un dos meirandes persoeiros da historia ocultóu sempre o seu lugar de nacemento. Por elo, sempre houbo moitas hipóteses. Ainda que a máis estendida é a que dí que é italiano, para certos investigadores, entre os que destaca Philipot, Colón é de orixe galego, máis concretamente de Poio. Para elo, entre outras cousas, aportan documentos de bautismo de familiares del na basílica de Pontevedra, o uso dunha carabela chamada la gallega que foi renomeada coma Santa María a nai do Salvador, lugar que aparece polo menos no mosteiro de Poio e no antigo mosteiro que estaba en Arcade. Ademáis acaba de aparecer un estudio de Luis Pereiero Álvarez, morto en Salamanca hai uns anos e que chegóu ó mesmo orixe galego de Colón despois de anos de investigacións.
miércoles, 9 de abril de 2014
A batalla de Baécula foi no actual Cerro das Albahacas, en Santo Tomé (Xaén)
Cartago foi a poptencia máis oimportante do mundo antigo antes de Roma. Roma e Cartago libraron unha loita sen prtecedentes polo dominio do mar Mediterráneo. Unha das batallas máis importantes, o principio do dominio román foi na batalla de Baeula gañada polos romanos. Unha equipa de investigadores da universidade de Xaén con Técnicas de información Xeográfica, demostradas con detectores de metais, atoparon restos tanto cartaxineses coma románs no Cerro das Albahacas no concello de Santo Tomé, en Xaén. Unha vez coiñecido, empezará a investigación sistematica do lugar.
lunes, 3 de marzo de 2014
Atopan os restos do barco de Nelson nun restaurante de Kent
O almirante Nelson foi un dos homes que permañeceron no imaxinario colectivo. Unido ´Reino Unido, a España e mesmo a Francia, o seu barco e a súa flota están asiciados a algunha das batallas navais máis importantes doséculo XIX. Agora volta a ser nova se é que algunha vez deixou de selo porque nas obras dun dos edificios do porto de Kent, agora reconvertido en restaurante, atoparon, nunha prospección arqueolóxica no soto, a cuberta do seu barco
viernes, 21 de febrero de 2014
os arqueólogos descobren o trazo orixinal do castelo de Pambre
As obras de rehabilitación do castelo de Pambre seguen a ensinar novidades. Agora, permitiron coñecer o primeiro trazado de castelo e as conduccións orixinais de auga. Estos restos son importantes porque son da idade sueva e son uns dos poucos coñecidos ate o de agora en Galicia.
Etiquetas:
Arqueoloxía,
castelos,
España,
excavacions,
Galicia,
Historia antiga,
Historia de España,
Idade Media,
lugo,
Palas de Rei,
Pambre,
suevos
domingo, 2 de febrero de 2014
Os drones axudan no Castelo de Pambre.
A pasada semán soubemos que o castelo de Pambre estaba a ser estudiado e que fixeran algúns achádegos importantes que daban continuidade temporal ó xacemento dende a Prehistoria. Hoxe, por un artigo publicado no xornal La Voz de Galicia sabemos quie os drones, de derradeira tecnoloxía, xogan un importante papel no estudo. Os detalles aquí
jueves, 30 de enero de 2014
o Castelo de Pambre (Palas de Rei) garda restos doutras épocas
O Castelo de Pambre, nunha foto do 1993 visto pola parte posterior, cara ó río Pambre é un lugar máxico en Galicia. situado a carón do río Ulla é un dos poucos que resistiú os ataques dos irmandiños e non poido ser visitado ate a morte do séu derradeiro propietatrio, o conde de Borraxeiros, vai xa para tres anos. Agora, equipos da Xunta, segundo un informe do Consello da Cultura Galega publicado no seu portal de Internet culturagalega.org , fixeron unhas excavacións no recinto, atoparon restos de asentamentos romanos e castrexos, que ainda poden dar máis de sí, ca que as investigacións seguen.
Etiquetas:
castelos,
Castrexo,
España,
Galicia,
Historia de España,
historia do arte,
Idade Media,
Imperio_romano,
lugo,
Palas de Rei,
Pambre,
Prehistoria
domingo, 24 de junio de 2012
Estación de Canfranc: O Séu pasado
Durante a II Guerra Mundial, na que España foi territorio neutral, Canfranc, na fronteira entre España e Francia foi un paso clave: un dos poucos pasos naturais. a súa estación agora está en decadencia, pero os estudios sacaron á luz o seu pasado cós xudeos escapando por aquí. Como sempre, o paso do tempo permite coñecer as cousas.
domingo, 29 de abril de 2012
Gutiérrez Mellado: A xuizo na Guerra Civil
A Guerra Civil gfoi un episodio traumático en España. Os partidarios do xeneral franco cometeron moitos asasinatos que todavía hoxe permanecen ocultos. Para dar sensación de equilibrio, de vez en cando saen á luz os procesos dos republicanos, coma se fisexen moitos máis. Cando é o centenariodo nacemento de ¨Gutiérrez Mellado, figura clave na transición, ABC publica o seu proceso polos republicanos.
domingo, 22 de abril de 2012
75 anos do bombardeo de Guernika
A guerr a civil foi un banco de probas para a segunda guerra mujndia. Dentro desas probas tivemos a dubiosa honra de presenciar o primeiro bombardeo aéreo sobre Guernika que logo se tratou de ocultar. Neste reportaxe, se explica cómo era a vida cotiá e neste as dúbidas morais e o que pasóu
domingo, 15 de abril de 2012
Felipe II rei de Portugal
O reinado de Filipe II pasou á historia coma aquel onde "nunca se ponía el sol", resultado de unir España e Portugal, como nos contan en este artigo do diario ABC , con resultados moi malos para as dúas coroas, cinco séculos de cóstas.
domingo, 8 de abril de 2012
Disputas artístico-relixiosas en España
A división parroquial e eclesiástica española foi moi antiga. en moitos casos descende dos visigodos cando non había provincias nin rexións nin España era España. Polo tanto, non era raro ver que dióceses eclesiásticas se introducisen no territorio de dúas provincias. O problema ven cando, por nacionalismos ou políticas, intentamos cambiar a tradición e divorciamos uns territorios doutros. Un dos perxudicados é o patriimonio cultural que non se sabe a qué diócese ou museo pertence. Como ocurre estes días entre a diócese de Barbastro e a de Lleida, cando o patrimononio debería ser de todos.
Revisionismo histórico español
España, como outros grandes países, tivo unha guerra civil.Ate ahí todo normal, ou case. O que non é tan normal é que, a transición espñola, que se fixo sobre a base de perdoar ós vencendeores e integralos no sistema, se valga dos historiadores para reescribir o pasado e moldelo ó séu antollo. son os chamados revisionistas, aqueles que lle chaman, por exemplo, cruzada de liberación ou glorioso alzamento ó golpe de estado de 1.936. Un dos picos da súa actuiación foi no diccionario histórico onde soamente, por pór un exemplo, publicaron de Franco a cara máis amable, por dicilo suavemente. Agora, uns historiadores tentan poñer as cousa na súa xusta medido e, de paso, axitar a historiografía española.
domingo, 1 de abril de 2012
A legalización do PCE en España
A transición española, un periodo que maravillou a Europa, xa que unha dictadura da paso em pouco tempo a unha democracia, ten moitos misterios por contar. Un deles é legalización do PCE polo presidente Suarez e a contención dos militares españois despois de 40 anos tendo ós comunistas como o inimigo. Sempre houbo un pacto de silencio sobre os motivos que se producirom, ate agora. Nesta información de El País contan cómo se produciu todo e axudan a solucionar un dos enigmas da transición
lunes, 19 de marzo de 2012
200 anos da Pepa
Chegou outra data máxica, o bicentenario da Pepa. Nesta data, é curioso como todos os períodicos publican especiais, incluso aqueles de tendencia máis conservadora. aquí temos unha escolma: o Xermen no ABC, esta visión máis realista e esturioso análise sobre a autoría do popular nome da Pepa en El País, e este curioso estudio publicado en El mundo que pretende probar a influencia da constitución americana na Española.
domingo, 26 de febrero de 2012
A Fragata Nosa Señora Das Mercedes
O nar garda moiros tesouros que, de cando en vez saen á luz. Unhas veces pola simple acción do mar, outras pola acción dos estados e outras pola acción dos cazatesouros, que intentan sacar o maior beneficio. Este é o caso da frgata Nosa Señora das Mercedes. que se afundiu por acción de guerra e que, agora, sae á luz. Máis alá das implicacións da oferta e da demanda, é bó saber que o progreso axuda a atopalos e que as leis sempre se cumplen e poderemos disfrutar dela, e coñecer algo máis a nosa historia, que é do que se trata. Nestos reportaxes de El País , de ABC onde ensina cómo se consegiu recuperar para España o tesouro, esta outra con gráficos, e unha pequena lección do contexto histórico e as peripecias ate a chegada do tesouro a España.Esta da outra visión da situación que axuda a completar o que ocurriu. Para entender realmente unha situación necesitamos dos puntos de vista enfrontados, xa que a verdade está no punto medio.
domingo, 19 de febrero de 2012
O comezo da Guerra civil
Unha guerra sempre trae consigo varios problemas e unha evidencia: od que gañan escriben a súa histotia e tratan de reescribila. No caso da Guerra Civil, a aoportuna estadía de Franco nas Palmas no soterramento do xeneral Balmes facilitoulle moito o salto A Marrocos. Ou, como suxire Viñas neste artigo sobre o seu libro non foi tan casual? Sexa como for, tomando as debidas distancias, cómpre ir ós arquivos, falr cós supervivintes e interpretar as hipótesis. Será ésta a verdeira ou a oficial?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)