Aviso de Cookies

En cumplimiento de la Directiva Comunitaria se informa de que este blog usa cookies propias y de terceros con el fin de mejorar su experiencia. Si continua navegando consideramos que acepta su uso

jueves, 24 de mayo de 2012

As pinturas de Lascaux en perigo.

As pinturas prehistóricas pola súa propia definición sempre seon inestables. Despois de miles de séculos abrimos ao debate da súa conservación.. Na cova de Lascaux, francia, a técnica aplicada seica deteriorou máis as pinturas cá española.Un equipo hispano-francés estudiou a situación. Os resultados, neste informe.

Máis sobre Leonrado da Vinci: A virxe, o neno Jesús e Santa Ana.

Outro cadro de Leonardo entra en restauración e da sorpresas: Agora, e con motivo  do achádego n a restauración da virxe, o neno e Santa Ana. Nela desvela detalles vitais do perfeccionismo de Leonardo e do proceso de creación. O resultado á vista

webquest barroco compostelan

Un dos períodos máis salientables da historia de Compostela é o barroco que mesmo deu pé a unha nova escola a do barroco compostelán. Nesta webquest os alumnos poden aprender dun xeito sinxelo as súas características

domingo, 20 de mayo de 2012

Un calendario maia máis alá de 2.012 retrasa o fin do mundo.

Entre as múltiples teorías do fin do mundo, é moi populat aquela que dí que remata np 2-012 porque os calendarios maias remataban neste ano... ate agora. National Geographic publica o achádego dun mural nunha casa que contén cálculos para estender o mundo... 7.000 anos máis. E, de crer os investigadores, seica so calendarios eran para predecir os ciclos da lúa e os mellores tempos de colleitas. Ate que alguen demostre o contrario, unha couda é  segura, o mundo non remata a finais de deste ano. Máis alá destas supersticións, decubrimos unha civilización que, na chegada dos españois a América, era bastante máis avanzado do que se pensaba.

domingo, 6 de mayo de 2012

Torres da catedral de Santiago inclinadas.

A Catedral de Santiago se construi sobre unha ladeira. Iso fixo  que houbese que salvar un desnivel, inapreciable para a xente. Agora, os estudios descubriron que as torres da catedral. están inclinadas, no caso da Berenguela 12 centímetros e a Sur máis de medio metro. Iste último caso ven dado polas distintas fases da construcción.Todos os detalles neste artigo

sábado, 5 de mayo de 2012

Outro tiziano esquecido

O Museo do Prado ten un patrimonio inmenso e disperso por toda España. Un dos grandes represenatados é Tiziano, un pintor que foi moi do gusto de Felipe II, polo que desixou moita obra en España. Se a esto se lle une que o Prado non pode gardar nas suas sás todo o seu patrimnio, e que case se pode facer un museo có patrimonio disperso, explica que haxa aparicións. Como este Bautista que estaba nuha iglesia cheo de pó e de humidades que, tras a oportuna restauración revelouse coma un novo decubremento, e van tres no ano, do museo

martes, 1 de mayo de 2012

webquest comuneiros

Como unha actividade para profundizar nestes dous movementos contra Carlos V temos esta webquest das xermanías e os comuneiros