Aviso de Cookies

En cumplimiento de la Directiva Comunitaria se informa de que este blog usa cookies propias y de terceros con el fin de mejorar su experiencia. Si continua navegando consideramos que acepta su uso

domingo, 30 de septiembre de 2012

Unha fortaleza da Idade do Bronce en Murcia

No decurso dunhas excavacións en La Bastida, concello de  Totana, Murcia, os arqueólogos descubriron unha  estructura que resultou ser unha fortaleza para defensa e ataque con diferentes estratos, que poderia ter influencia oriental e semellarse á cidade de Troia.,á falta de posteriores investigacións. esta fortaleza, polo momento, é única na península ibérica.

Novidades na cidade romana de Turóbriga, Huelva

O  xacemento romano de Turóbriga en Aroche(Huelva) ensina un pouco máis do seu pasado. Nestas excavacións se atoparon restos dos colexios romanos, o que nos permite coñecer un pouco máis da súa estructura e do dominio romano da península na zona de Andalucía. Aquí a nova no xornal de Huelva, Huelva Información

lunes, 10 de septiembre de 2012

Un Renoir nun mercadillo de rúa de Virginia (USA)

Todos estamos afeitos a ver nas películas escenas de xente que vende as súas pertenenecias na rúa, nunha escena típicamente americana. Pero, ás veces, a realidade supera á ficción. Unha muller mercou, xunto a outras cousas,  nun rastro de rúa de Virginia un Renoir por 39 dólares. Naturalmente, esta pintura despois de moitas peripecias foi autentificada e a nova deu a volta ó mundo. Na BBC falan do premio gordo da lotería, En tvcinq de Francia se limitan a dar a nova

Cova Eirós: Neandertais na canteira

O Xacemento de Cova Eirós, no que recentemente descubriron as primeiras, e ate o de agora únicas  pinturas rupestres de Galicia, está nunha canteira propiedade dunha empresa de cementos. Este artigo publicado no xornal El País resume moi ben as características da cova, os achados das campañas e nos da algo de luz sobre cómo vivían os neandertais nesta zona. Seica a sucesión de niveis, entre os 20.000 e os 80.000 anos permite ter datos da ocupación humana nesta zona da península.

A porta do paraiso da catedral de Florencia restaurada

Unha das obras cumio da arte mundial, a que significóu o paso do gótico ó Renacemento e obra mestra, a porta do paraíso da catedral de Florencia, remata a súa restauración e pode ser visitada polo público outra vez. Aquí a nova no xornal La Nazione de Florencia e a imaxe da porta restaurada .

Neandertais no val de Lozoya(Madrid)

O estudio da  evolución humana segue a dar os seus froitos. Na Serra de Guadarrama, no val de Lozoya  en pleno centro de España, apareceron restos de neandertais que nos poden ensinar cómo comían, e as súas costumes. Tamén apareceron dentes soltos. Todo esto pode permitir a reconstrucción das súas formas de vida, da súa alimentación e sobre todo respostar á pregunta fundamental da súa extinción.

domingo, 2 de septiembre de 2012

En Castulo(Xaén) descubren un mosaico romano

Na cidade ibero-romana de Cástulo, Xaén, que está a ser escavada, descubriron un nosaico romano. Amáis do séu excelente estado de conservación, é importante porque a súa ceronoloxía, de finais do Século I principios do II non é moi habitual, polo menos ate o de agora. Tampouco é moi normal que o edificio no que estaba desaparecese e se conservase o masaico. Para saber a súa situación, nas proximidades de Linares, aquí hai un artigo das calzadas romanas máis importantes cun mapa

o Castro de Baroña comeza a se restaurar

O Castro de Baroña é un dos monumentos máis visitados de Galicia. Ó estar nunha praia sufre io deterioro contínuo da erosión e os visitantes. Por iso, a restauración comezou este ano. Os resultados están á vista: As Casas teñen portas, as murallas se definen. E, sobre todo, pode ser visitado por unha gran cantidade de xente e restaurado á vez.