Aviso de Cookies

En cumplimiento de la Directiva Comunitaria se informa de que este blog usa cookies propias y de terceros con el fin de mejorar su experiencia. Si continua navegando consideramos que acepta su uso
Mostrando entradas con la etiqueta Imperio_romano. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Imperio_romano. Mostrar todas las entradas

jueves, 30 de enero de 2014

o Castelo de Pambre (Palas de Rei) garda restos doutras épocas

O Castelo de Pambre, nunha foto do 1993 visto pola parte posterior, cara ó río Pambre  é un lugar máxico en Galicia. situado a carón do río Ulla é un dos poucos que resistiú os ataques dos irmandiños e non poido ser visitado ate a morte  do séu derradeiro propietatrio, o conde de Borraxeiros, vai xa para tres anos. Agora, equipos da Xunta, segundo un informe do Consello da Cultura Galega publicado no seu portal de Internet culturagalega.org ,  fixeron unhas excavacións no recinto, atoparon restos de asentamentos romanos e castrexos, que ainda poden dar máis de sí, ca que as investigacións seguen.

lunes, 23 de diciembre de 2013

Novas evidencias do paso de Anibal por Cástulo camiño das guerras púnicas.

As guerras púnicas, unhas loitas nas que a península ibérica tivo gran protagonismo, son hoxe un pouco máis coñecidas despois das evidencias atopadas  no sitio srqueolóxico de Cástulo, Xaen. Nas excavacións atoparon unha escultura íbero -romana e vasrias teselas. Esto provaria queAnibal estivo  aquí  e que, ademáis, librou ,entre outros con Escipión o africano, na cidade unha das dúas batallas máis importantes da península nese período. Polo de agora, Cástulo está a ser incluida como parada no camiño de Anibal, ruta que trata de recrear o camiño andado por Anibal na sía chegada a  Roma

martes, 3 de septiembre de 2013

novos achádegos en Baelo Claudia(Tarifa, Cádiz)

a presenacia romana no Sur de España foi moi intenso, particularmente na costa de Cádiz onde xa estivera fenicios en tartesos. En Baelo Claudia se está a escavar e a divulgar os achádegos para conservalos mellor

sábado, 4 de mayo de 2013

Un mosteriro templario e unha vila romana en Vilaza(Ourense)

A situación da provincia de Ourense, a metade de camiño entre  dúas cidades imnportantes romanas, Braga e Astorga favorecéu as construccións romanas, e de feito foi nesa zona onde máis se descubriron. Pero a zona de Monterrei próxima a chaves (aquae Flaviae para os romanos), tamén tiña que dar de sí. Agora, saen aá luz, mediante excavacións, restos dunha vila romana. Tamén apareceron restos dun templo da orde do Temple, que por estas terras, Galicia e o Bierzo(Ponferrada sobre todo) tivo unha implantación moi forte.  Neste enlace está a nova

domingo, 17 de marzo de 2013

Posible achádego da localización da batalla de Bécula

O noso territorio xempre foi lugar de batallas importantes. Entre elas, na segunda guerra púnica, está a batalla de Bécula. Un equipo da universidade de Jaén cré que deu cós restos suficientes para localizala nas proximidades da localidade de Santo Tomé, na provincia de Xaén. de ser así, unha batalla fundamental para a historia tería localización e, o que é máis imposrtante, restos

domingo, 30 de septiembre de 2012

Novidades na cidade romana de Turóbriga, Huelva

O  xacemento romano de Turóbriga en Aroche(Huelva) ensina un pouco máis do seu pasado. Nestas excavacións se atoparon restos dos colexios romanos, o que nos permite coñecer un pouco máis da súa estructura e do dominio romano da península na zona de Andalucía. Aquí a nova no xornal de Huelva, Huelva Información

domingo, 2 de septiembre de 2012

En Castulo(Xaén) descubren un mosaico romano

Na cidade ibero-romana de Cástulo, Xaén, que está a ser escavada, descubriron un nosaico romano. Amáis do séu excelente estado de conservación, é importante porque a súa ceronoloxía, de finais do Século I principios do II non é moi habitual, polo menos ate o de agora. Tampouco é moi normal que o edificio no que estaba desaparecese e se conservase o masaico. Para saber a súa situación, nas proximidades de Linares, aquí hai un artigo das calzadas romanas máis importantes cun mapa

jueves, 30 de agosto de 2012

A Muralla de Barcelona descúbrese un pouco

   A antiga Barcino dos romanos coñécese un pouco máis. A súa muralla  que deixou paso a outras edificacións  ten xa recuperados 40 metros para o coñecemento do pasado. Precísamernte este ano, cando se cumplen 150 anos do derrubo das murallas e o avance cara ó Eixample.