Curiosidades relacionadas coa historia e a arte dende a óptica do temario do ensino de Galicia
Aviso de Cookies
En cumplimiento de la Directiva Comunitaria se informa de que este blog usa cookies propias y de terceros con el fin de mejorar su experiencia. Si continua navegando consideramos que acepta su uso
Mostrando entradas con la etiqueta Historia antiga. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Historia antiga. Mostrar todas las entradas
martes, 15 de julio de 2014
o mosaico roomano do amor en Cástulol, Xaén, atopado e centro de visitas e estudos.
A Cidade de Cástulo, nas proximidades da actual cidade de Linares na provincia de Xaén, de construcción íbera, capital da rexión de Oretania, foi unha das mñáis importantes da época romana, ainda que perdendo a capitalidade en favor de Tarraco . As pegadas son evidentes- No decurso dunhas escavacións, no 2.012, atopouse un mosaico no que era un edificio dedicado ó culto do emperador Domiciano, e que representa a vida, a morte e todas as estacións, un dos máis sorprendentes do mundo romano. Aparecen as catro estacións do ano. Tamén, no parte dentral, conta o mito de Paris e Helena e tamén o mito da guerra de Troya e Paris que remite a Eneas na fundación de Roma . O achádego aparecéu en National Geographic Agora, está a ser estudiado , e tendo en conta que so unha mínima parte de Cástulo está escavada, poden aparecer máis sorpresas.
Etiquetas:
Andalucía,
Castulo,
de los amores,
España,
excavacions,
Historia antiga,
historia da Arte,
iberos,
imperio romano,
Jaén,
Linares,
mosaicos
lunes, 2 de junio de 2014
O castro da cibda en Ribeira excavado e con moitos datos.
Galicia é o país dos mil castros. A pegada dos pobos con raíces celtas é eneorma en todo o territorio. Có paso do tempo, a posta en valor vai acompañada polo traballo das institucións públicas e empresas privadas como é o caso deste de Ribeira, a Cibda, situado nun entorno único no parque de Corrubedo. Agora, o estudio dos detalles.
sábado, 31 de mayo de 2014
As excavacións no castro de Baroña achan o seu foso defensivo.
Un dos monumentos máis visitados de Galicia, o castro de Baroña, na paraia de Baroña, no concello de Porto do Son, está a ser restaurado. A súa situación nunha península de acceso á praia fixo que o paso do tempo e os milleiros de turistas, unidos á acción erosiva do mar, estropeasen un pouco o castro. Para o seu estudo fixeron algunhas excavacións. Entre elas a do foso defensivo e trozos da muralla que todos os castros tiñan e que agora, despois de sacar area, sae á luz.
jueves, 1 de mayo de 2014
Atopan 50 novos corpos da dinastía de Tutankamon no Val dos Reis
Exipto foi un gran probo. Os seus habitantes crían na vida despois da morte, e por elo se sotteraban en grandes tumbas, sobre todo os nobres. Unha vez superada a etapa das pirñamides, nos imperios medio e novo se sotteraban no val dos Reis. Esya zona foi obxecto dunha expedición sistemática para localizar tumbas. Agora, unha nova expedición da universidade de Basilea atopou 50 novas tumbas.
A forma de trasladar as pedras para as pirámides exipcias decuberta.
Exipto foi un país que construiu moito con pedra, a base de grandes bloques. Non so eso, senón que tamén había que levantalas. Gracias a esta investigación un grupo científico descobriu o xeito: humedecer a aera para que pesasen a metade.
viernes, 18 de abril de 2014
Monumentos en peligro polas decisións do home.
Os monumentos construidos hai moito tempo, seguen un deterioro lóxico polo paso do tempo. Pero, ás veces as decisións humanas para sacar máis cartos, agravan o seu fin. Esto é o que lle pasóu a estes cinco de Teothiuacán: comida rápida, centros comerciais, epansión da cidade... e o fin de todo isto é o risco da pirámide de se afundir.
jueves, 17 de abril de 2014
O coliseo de Roma recupera a súa cor orixinal.
O coliseo é un dos grandes monbumnetos dos romanos. Feirto para asistir ós maiores esperctáculos dos romanos, que estaba cheo nos grandes días coma o célebre s comnbates de gladiadores. O seu material constructivo, o travertino, pedra local cunha tonalidade que vai dende o claro ó dourado, froito do paso de miles de anos pola súa estructura foi desaparecendo. A eso axudóu ó estar no centro dunha gran cidade e a contaminación dos combustibles fósiles. Agorá, na súa restauración eses cores estan a se recuperar, o mesmo que as grafites que deixaban algúns espectadores a modo de lembranza do seu paso por alí. .
lunes, 14 de abril de 2014
Atopan un sartego cun selo de ouro de Seti I en Canan, Israel.
O mundo exipcio segue a dar sorpresas. Xa sabiamos que eran unha das civilizacións máis importantes da antiguidade, e que o seu poder chegaba ate Siria. Agora queda demostrado, xa que nunhas excavacións na zona de Canán, situada na ruta comercial de Siria, atopouse un sartego que conten un selo de Seti I. As investigacións seguen.
domingo, 23 de marzo de 2014
Achádegos da etapa inca mostran que facían nós nos seus kipos para se lembrar das cousas
A crenza popular dí que se te esqueces dalgo debes de facer un nó no dedo para te lembrar. Esta realidade sen nengunha base científica, que saibamos, resulta confirmada polos estudosos do imperio inca, antes da conquista española de América. Recentes achádegos conforman que os nós que hai nos kipos atopados en excavacións serven para se lembrar das cousas. Amáis, o sistema estaba institucionalizado e era usado por todos, con divisións sociais. Os detales aquí neste blogue aloxado no xornal Le Monde
viernes, 7 de marzo de 2014
Achan unha estatuta dunha filla de Amenhotep III en Exito
O coñecemento do mundo exipcio aumentóu un pouco máis. No decurso da restauración do funerario de Amnhotep III acharon, nas escavacións, a estatua de Iset, a princesa. O excepcional deste achádego é que, a diferencia doutras estatuas, a princesa está soa.
viernes, 21 de febrero de 2014
os arqueólogos descobren o trazo orixinal do castelo de Pambre
As obras de rehabilitación do castelo de Pambre seguen a ensinar novidades. Agora, permitiron coñecer o primeiro trazado de castelo e as conduccións orixinais de auga. Estos restos son importantes porque son da idade sueva e son uns dos poucos coñecidos ate o de agora en Galicia.
Etiquetas:
Arqueoloxía,
castelos,
España,
excavacions,
Galicia,
Historia antiga,
Historia de España,
Idade Media,
lugo,
Palas de Rei,
Pambre,
suevos
lunes, 23 de diciembre de 2013
Novas evidencias do paso de Anibal por Cástulo camiño das guerras púnicas.
As guerras púnicas, unhas loitas nas que a península ibérica tivo gran protagonismo, son hoxe un pouco máis coñecidas despois das evidencias atopadas no sitio srqueolóxico de Cástulo, Xaen. Nas excavacións atoparon unha escultura íbero -romana e vasrias teselas. Esto provaria queAnibal estivo aquí e que, ademáis, librou ,entre outros con Escipión o africano, na cidade unha das dúas batallas máis importantes da península nese período. Polo de agora, Cástulo está a ser incluida como parada no camiño de Anibal, ruta que trata de recrear o camiño andado por Anibal na sía chegada a Roma
jueves, 3 de octubre de 2013
Unha nova estatua de Ramses
Os faraón exipcios tiñan representacións por todo Exipto, como deuses que eran. Os dos máis imponentes e importantes foi Ramses II, famoso polo templo de Abu Simbel. Hoxe, un equipo de arqueólogos alemáns e exipcios nunhas excavacións no Norte do país descubriu unha estatua nun centro relixioso e de peregrinación.
martes, 3 de septiembre de 2013
novos achádegos en Baelo Claudia(Tarifa, Cádiz)
a presenacia romana no Sur de España foi moi intenso, particularmente na costa de Cádiz onde xa estivera fenicios en tartesos. En Baelo Claudia se está a escavar e a divulgar os achádegos para conservalos mellor
sábado, 4 de mayo de 2013
Un mosteriro templario e unha vila romana en Vilaza(Ourense)
A situación da provincia de Ourense, a metade de camiño entre dúas cidades imnportantes romanas, Braga e Astorga favorecéu as construccións romanas, e de feito foi nesa zona onde máis se descubriron. Pero a zona de Monterrei próxima a chaves (aquae Flaviae para os romanos), tamén tiña que dar de sí. Agora, saen aá luz, mediante excavacións, restos dunha vila romana. Tamén apareceron restos dun templo da orde do Temple, que por estas terras, Galicia e o Bierzo(Ponferrada sobre todo) tivo unha implantación moi forte. Neste enlace está a nova
domingo, 17 de marzo de 2013
Posible achádego da localización da batalla de Bécula
O noso territorio xempre foi lugar de batallas importantes. Entre elas, na segunda guerra púnica, está a batalla de Bécula. Un equipo da universidade de Jaén cré que deu cós restos suficientes para localizala nas proximidades da localidade de Santo Tomé, na provincia de Xaén. de ser así, unha batalla fundamental para a historia tería localización e, o que é máis imposrtante, restos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)