Aviso de Cookies

En cumplimiento de la Directiva Comunitaria se informa de que este blog usa cookies propias y de terceros con el fin de mejorar su experiencia. Si continua navegando consideramos que acepta su uso

miércoles, 26 de febrero de 2014

o xacemento de baleas máis antigo da historia atopado en Chile.

Oa achádegos da prehistoria seguen a aumentar. As obras de ampliación da estrada panamericana en Chile deixaron ó descuberto un varamento masivo de baleas de 9 millóns de anos  de antigüidade. Os arqueólogos estudaron a súa  estratificación social, o séu comportamento e as razóns deste varamento. Nesta web temos todos os detalles.

viernes, 21 de febrero de 2014

os arqueólogos descobren o trazo orixinal do castelo de Pambre

As obras de rehabilitación do castelo de Pambre seguen a ensinar novidades. Agora, permitiron coñecer o primeiro trazado de castelo e as conduccións orixinais de auga. Estos restos son importantes porque son da idade sueva e son uns dos poucos coñecidos ate o de agora en Galicia.

jueves, 20 de febrero de 2014

La Virgen de la Leche de Jean Fouquet no museo de El Prado comentada

A rehabilitación dos museos e o seu peche fai que, de cando en veces, podamos ver as obras mestras fora do seu museo. Eso é o que pasóu có de Amberes. Está en obras e, por iso, prestoulle ó museo del Prado unha das súas obras máis representativas: La virgen de la leche de Jean fouquet. Ademáis de ter toda unha historia e unha simboloxía  detrás, aparece comentada pola xefa de pintura medieval de España e do Norte de Europa do museo,

lunes, 17 de febrero de 2014

Atopan parte de muralla medieval de Miranda del Duero(Burgos) nunhas obras

As obras que se realizan nas cidades permiten atopar restos do pasado medieval, sobor de todo si as cidades contaron cun pasado importante. É o caso de Miranda del  Duero, unha cidade estratéxicamente situada no paso entre a Meseta e o País Vasco. A excavación para unhas obras deixóu ó descuberto parte da antiga muralla da cidade. Ademáis, nesta entrada do blog da empresa Ondare está todo o estudio do atopado.

A restauración do cadro "El Expolio" de El Greco en vídeo comentada polo restaurador

El Greco foi un dos grandes pintores da historia da Arte. Cretense, traballando en Italia, foi convencido para vir a traballar a España a Toledo. Fóra do gusto oficial de Filipe II tivo que se conformar para traballar para os particulares da cidade toledana, xa que en raras ocasións a igrexa oficial falóu con él para lle encargar obras. Unha delas é El  Expolio que, con motivo do IV centenario do pintor foi restaurada no museo do Prado e, agora, neste vídeo realizado polo propio museo, onde o séu propio restaurador explica as intervencións. O vídeo procede do  Canal patrimonio da Fundación Santa María la Real

domingo, 16 de febrero de 2014

A fundación Santa María la Real e Google divulgan o románico

As novas tecnoloxías ás veces serven para achegar a toda a xente coñecementos moi lonxanos. Este é o espíritu de Google Cultural Institute, unha plataforma virtual na que podemos coñecer o mellor da arte mundial. Entre esa arte está o románico español. Agora, grazas á colaboración da fundación Santa María la Real, que dende o mosteiro de Santa María la real de Aguilar de Campoó fai unha extraordinaria laboura,  teremos acceso a unha gran base de datos do románico español. A primeira contribución aquí: A orixe

jueves, 13 de febrero de 2014

Atopan máis cadros roubados na casa de Cornelius Gurlit en Salzburgo.

As obras de arte roubadas polos nazis ós xudeos na II guerra Mundial seguen a dar que falar. Hitler requisóu primeiro ós xudeos todas as obras de arte que tiñan, e despois  marcóu como dexeneradas aquelas que non coincidían cós séus gustos. uns poucos poideron comerciar con elas, entre eles cornelius Gurlit, que, na súa casa de Salzburgo,  gardou as que non poido, ou non quiso, vender. Froito das investigacións e da reconstrucción oral por parte dos familiares dos xudeos hai unha lista de arte roubado. No ano 2.012 na súa casa atoparon unha serie de cadros e agora, outros 60  máis. Ademáis, outros 25 foron atopados en Munich,e a policía alemana publicóu as fotos. 

A erosión dunha praia de Norfolk deixa á vista pegadas humanas de 800.000 anos

En Norfolk, Reino unido,  a erosión  deixóu á vista  nunha das súas praias  pegadas humanas da antigüidade que quedaran baixo a terra polas variacións no nivel do solo. A sorpresa veu cando investigadores do Museo Británico dataron as pegadas en 800.000 anos, o que as converte nas máis antigas do Reino Unido. Segundo eses investigadores,  a falta de máis comprobacións, poderían ser de Homo Antecesor e estar emparentadas cós achádegos de Atapuerca

O paleomagnetismo data o Homo Antecesor de Atapuerca en 900.000 anos

O xacemento de Atapuerca en burgos é clave para o estudo  da evolución da especie humana. O achádego do homo Antecesor como peza nesta evolución foi fundamental, pola súa antigüidade.D ende o principio, o equipo de Arzuaga o fixóu en 900.000 anos. Coñecedores  da  polémica a nivel científico, buscaron técnicas que lles permitisen confirmalo. Agora, anos depois, a combinación do paleomagnetismo e as cifras anteriormente obtidas, deu como resultado a conformación dos datos. Empregaron resonancias magnéticas e luminiscencia estimulada ópticamente

Investigadores do MIT acotan a duración da extinción masiva do Pérmico

As causas da  maior extinción de especies do Pérmico que, entre outras rematóu cós dinosauros e có 70 % das especies terrestres están por concretar. entre elas, como hipóteses, o impacto dun gran meteorito,  unha erupción volcánica duradeira e xeneralizada ou unha serie de casualidades entre outras. Un grupo de investigadores do Instituto Tecnolóxico de Massacussets (MIT) e o que eles chaman "A gran mortandade" duraría  un máximo de 60.000 anos. Á espera do debate científico, queda por atopar a causa pu as causas da extinción

domingo, 2 de febrero de 2014

Os drones axudan no Castelo de Pambre.

A pasada semán soubemos que o castelo de Pambre estaba a ser estudiado e que fixeran algúns achádegos importantes que daban continuidade temporal ó xacemento dende a Prehistoria. Hoxe, por un artigo publicado no xornal La Voz de Galicia sabemos quie os drones, de derradeira tecnoloxía, xogan un importante papel no estudo. Os detalles aquí