Aviso de Cookies

En cumplimiento de la Directiva Comunitaria se informa de que este blog usa cookies propias y de terceros con el fin de mejorar su experiencia. Si continua navegando consideramos que acepta su uso

jueves, 30 de agosto de 2012

Pinturas ocultas pola cal nunnha igrexa de Guitiriz

As sucesivas reformas das igrexas dan pé a descubrementos interesantes. Son ben coñecidas as pinturas medievais que, coa edade moderna, desapareceron pola cal. Cando se decide arranzar a igrexa, aparecen. Esto debeu pasar en Santa María de Labrada, a 15 km de Guitiriz, onde atoparon frescos en bó estado de conservación sobre a vida de Cristo. Agora é o tempo dos estudiosos e da súa conservación.

A Muralla de Barcelona descúbrese un pouco

   A antiga Barcino dos romanos coñécese un pouco máis. A súa muralla  que deixou paso a outras edificacións  ten xa recuperados 40 metros para o coñecemento do pasado. Precísamernte este ano, cando se cumplen 150 anos do derrubo das murallas e o avance cara ó Eixample.

un novo teatro maia

En México acaban de atopar un novo resto dos maias: Na zona de chiapas apareceu un teatro usado polas élites. Un novo avance no estudio desta civiñización

miércoles, 22 de agosto de 2012

o Ecce homo "reinterpretado"

A realidade sempre supera á ficción: unha obra de arte do século XIX que decoraba unha igrexa de Zaragoza estaba un pouco deteriorada polo paso do tempo, chega unha persoa sen coñecementos previos, a limpa e: A comparación está aquí. A señora polo menos consegiú algo: o seu pobo saiu en toldos os medios estranxeiros e en twiter hai comparacións máis ou menos graciosas

martes, 21 de agosto de 2012

o home chegóu a Asia 20.000 anos antes

A cronoloxía humana atrasa no tempo, se primeiro foi Atapuerca a que obrigou a cambiar a europea, agora os achádegos en Laós  dun equipo da universidade de Illinois publicado en PNAS e do que  aquí podemos ver o resumo  cambian a teoría da ocupación do home en Asia. ademáis, ó ser atopada no interior suxiren que xa se desprazaban en busca de alimentos

lunes, 20 de agosto de 2012

As pinturas de Cova eirós na prensa estatal

O achádego das primeiras pinturas rupestres galegas está a ter repercusión snos xornais estatais: El País publica a nova e as primeiras fotos das pinturas, unha entrevista a Ramón Fábregas, o director da investigación , un artigo do principio da excavación e un resumo das características da cova

Cova Eirós(Traicastela): As primeiras pinturas rupestres galegas.

A Cornixa cantábrica é famosa polas súas covas con gravados rupestres, dende o País Basco ate Asturias... ate agora. Sempre se pensou que Galicia, como era granítica, non podía ter pinturas rupestres.Hai que falr en pasado porque en Cova Eirós , que en anteriores investigacións xa tivera unha cronoloxía máis antiga, atoparon pinturas zoomorfas.Tamén atoparon colgantes e utensilios que fixeron ampliar a zona de excavación  a zona delimitada por Monforte, Becerreá e Triacastela ven sendo investigada e xa se atoparon os restos de Neandertal más antigos do Noroeste, ou un calendario luar paleolitico. As excavacións durarán polo menos dous anos máis

domingo, 19 de agosto de 2012

Está Leonardo autorretratado na última cena?

Todos os grandes pintores fixeron un ou varios atorretratos seús. Xa sexa individuais ou colánose nas obras máis representativas. Exemplos tempos para todos os gustos. Agora Ross King, un estudioso do arte dí que o apóstolo Tomás tén os rasgos de Leonardo coma se de un autorretrato se tratase. VErdade ou mentira? Todo pode ser, non hai documentos.

jueves, 9 de agosto de 2012

Exposición de arte perdido e/ou roubado na TATE

 As obras de arte foron de sempre un botín apetitoso, tanto que os roubos están  á orde do Día. Hoxe a TATE pón en marcha unha exposición na  web para velos  recuperalos. Aquí se poden ver por si alguen sabe onde están

un novo cadro de Leonardo en escocia?

A producción dos pintores antigos non está catalogada completamente. Tanto é así que, periódicamente, aparecen obras dalgún deles. Agora, o Daly Mirror publica que un cadro que estaba nunha granxa e que vai ser vendido pola crise, pode resultar unha María Magdalena de Leonardo Da Vinci. De ser así, habería que engadir máis cadros á producción de Leonardo e, de paso, cambiar a historia da Arte.

Fósiles en Kenia axudan a reconstruir a evolución humana

      En Kenia os achádegos de fósiles humannos permiten reconstruir a evolución humana: Estos achádegos permiten  cambiar a visión tradicional da evolución por desaparición. Novos análises demostran que có homo Erectus conviviron tres especies máis. Tamén permiten reconstruir a súa dieta

martes, 7 de agosto de 2012

claustro de Palamós: Misterios sen resolver.

Unha vez que o dictame oficial estivo publicado, quedan unha serie de interrogantes por resolver, entre os que, o xornal El País destaca estos. Pode haber máis, pero de momento, chegan para resolvelos

jueves, 2 de agosto de 2012

claustro de Palamós: Dictame oficial.

Pois sí, despois de moitos meses, estudios ós que non invitan a expertos da zona,  por fin temos o esperado  dictame da Generalitat: o claustro é do século XX con pezas románicas. conclusión, non hai nada que protexer. Mentres, os especialistas en arte románico dixeron que sí  o era.Aquí está a opinión do Catedrático Gerardo Boto, que a pesar de ser especialista non foi invitado na comisión