Aviso de Cookies

En cumplimiento de la Directiva Comunitaria se informa de que este blog usa cookies propias y de terceros con el fin de mejorar su experiencia. Si continua navegando consideramos que acepta su uso

domingo, 29 de abril de 2012

películas para a clase de historia

o cine é un recurso moi bó para o ensino da historia. Non só porque forma parte dela, senón porque se recrean moitos acontecementos históricos e aspectos da vida cotiá. algúns profesores recompilan todo este material. Este é o caso de Manuel gonzález, un profesor actualmente no IES Concepción Arenal de Ferrol que en clip historia tén unha escolma moi boa dese tipo de recursos

Gutiérrez Mellado: A xuizo na Guerra Civil

A Guerra Civil gfoi un episodio traumático en España. Os partidarios do xeneral franco cometeron moitos asasinatos que todavía hoxe permanecen ocultos. Para dar sensación de equilibrio, de vez en cando saen á luz os procesos dos republicanos, coma se fisexen moitos máis. Cando é o centenariodo nacemento de ¨Gutiérrez Mellado, figura clave na transición, ABC publica o seu proceso polos republicanos.

domingo, 22 de abril de 2012

Arte roubado, os monuments mens

En todas as guerras se produce un expolio de obras de arte. Os máis coñecidos, por ser os máis recentes, son os da guerra de Irak e os da Segunda Guerra Mundial, sobre todo pola afición de Hitler polas obras de arte. Un grupo de homes, chamados monuments mens se adicaron a recuperar o maior número  posibles de obras de arte, algunas delas, como se sinala no artigo, foron recuperadas, outras todavía permanecen sen aparecer.

75 anos do bombardeo de Guernika

A guerr a civil foi un banco de probas para a segunda guerra mujndia. Dentro desas probas tivemos a dubiosa honra de  presenciar o primeiro bombardeo aéreo sobre Guernika que logo se tratou de ocultar. Neste reportaxe, se explica cómo era a vida cotiá e neste as dúbidas morais e o que pasóu

sábado, 21 de abril de 2012

Eugenio Granell, un século

O surrealismo foi un movemento pictórico moi especial. En España todo o mundo coñece a Dalí, pero un dos maiores esquencidos é euxenio Granell, polo menos en España. Quizás o feito de ser galego, ou ser de esquerdas na dictadura contribúe. O certo e que é un dos pintores surrealistas máis imporatntes. Nestes artigos se repasan a súa achega ó surrealismo, a esquecida literatura e unha entrevista coa directora da fundación que tamén é a súa filla sobre ao papel da mesma en Santiago

martes, 17 de abril de 2012

memoria de vigo

Todas as cidades derrubaron edificios para dar paso a novas construccións, froito dunha mentalidade que entendía progreso como derrubo. Neste video da cidade de Vigo vemos o que había antes destas construccións actuais

domingo, 15 de abril de 2012

Felipe II rei de Portugal

O reinado de Filipe II pasou á historia coma aquel onde "nunca se ponía el sol", resultado de unir España  e Portugal, como nos contan en este artigo do diario ABC , con resultados moi malos para as dúas coroas, cinco séculos de cóstas.

sábado, 14 de abril de 2012

Máis sobre o Titanic

Entre os artigos curiosos sobre o centenario do Titanic , este publicado na voz de Galicia sobre as características sociais do barco, a  sobre a seguridade nos barcos despois do titanic Entre as hipóteses do afundimento, este  vídeo de V televisión  que  lanza unha nova baseada na conxunción da lúa

Titanic: 100 anos do mito

Taldía coma hoxe, fai 100 anos, afundía o Titanic e comezaba o mito. a gran cantidade de persoeiros importantes, influintes e a pretendida insumerxibilidade do barco deron lugar a múltiples lendas e películas. Hoxe, os xornais adícanlle especiais e especiais como este de ABC,ou El Mundo. en El País sobre o que hai que facer cando afunde, os defectos de construcción , ou a búsqueda do porqué se afundiu. tamén no reino Unido temos o sitio oficial do Titanic

martes, 10 de abril de 2012

O santiago de fai mil anos

Cando facemos unha obra en santiago, periódicamente aparecen cousas doutras épocas. É o caso desta obra na rúa do Franco que nos remite ó primeiro habitante de nome coñecido  onde ó destapar o solo apreceron almacéns para gardar... Neste momento é de celebrar a sensibilidade do propietario que permite conservar e ver, a partir do verán o que se atopou.

domingo, 8 de abril de 2012

Disputas artístico-relixiosas en España

A división parroquial e eclesiástica española foi moi antiga. en moitos casos descende dos visigodos cando non había provincias nin rexións nin España era España. Polo tanto, non era raro ver que dióceses eclesiásticas se introducisen no territorio de dúas provincias. O problema ven cando, por nacionalismos ou políticas,  intentamos cambiar a tradición e divorciamos uns territorios doutros. Un dos perxudicados é o patriimonio cultural que non se sabe a qué diócese ou museo pertence. Como ocurre estes días entre a diócese de Barbastro e a de Lleida, cando o patrimononio debería ser de todos.

Revisionismo histórico español

España, como outros grandes países, tivo unha guerra civil.Ate ahí todo normal, ou case. O que non é tan normal é que, a transición espñola, que se fixo sobre a base de perdoar ós vencendeores e integralos no sistema, se valga dos historiadores para reescribir o pasado e moldelo ó séu antollo. son os chamados revisionistas, aqueles que lle chaman, por exemplo, cruzada de liberación ou glorioso alzamento ó golpe de estado de 1.936. Un dos picos da súa actuiación foi no diccionario histórico onde  soamente, por pór un exemplo, publicaron de Franco a cara máis amable, por dicilo suavemente. Agora, uns historiadores tentan poñer as cousa na súa xusta medido e, de paso, axitar a historiografía española.

viernes, 6 de abril de 2012

A orixe do fogo

O achádego do fogo é un dos maiores avances na historia da humanidade. Comparable ó da invención da roda ou da imprenta. O fogo permitiu quentarse, preparar a comida quente, escorrentar ós animais e preparar ós bosques meddiante a queima para a agricultura. Sempre se cría que o fogo comezara fai 700.000 anos, ate agora e que un grupo de científicos atopou na caverna de wonderweck evidencias que permiten datalo fai un millón de anos. Aquí está o orixinal do artigo en inglés na revista PNAS da academia das ciencias de norteamérica

Google Art project

O art project, a bersión de google para estudiar e ver as obras de arte dos principais museos, xa vai pola segunda versión, con máis museos e moi mellorada, segundo se explica neste artigo. Mágoa que España esté tan mal representada e, sobre todo, que non esté o Museo do Prado, un sos máis importantes do mundo

jueves, 5 de abril de 2012

a famalia do Tiranasurios rex

A evolución dos animais e das distintas especies sempre foi un miesterio. Sobre todo no mundo dos dinasourios. Que animais tan fortes e pesados desaparecesen da terra xa é un misterio. O xurdemento das aves outro. O Achádego en China deste fosil con ás pode dar un pouco máis de luz.

martes, 3 de abril de 2012

Cráneo de dinosaurio en Teruel

España foi, na antigüidade, un paraiso para os dinosaurios. As excavacións de novas infraestructuras ou, simplemente por azar, descubren periódicamente novas especies e nos permiten reconstruir a vida naquel tempo. É o caso deste cráneo que axuda a  completar unha nova especie.

Mingote

Os caricaturistas sempre foron moi apreciados. Eso de adicarse a contar a realidade cunha viñeta e con sentido do humor non debe de ser fácil, por iso hai poucos. Son artistas do noso tempo. Un deles é mingote que morreu hoxe ós 93 anos. ABC, que foi a súa casa e onde debuxou moitos anos, publica iste especial, este orixinal diccionario,  e esta semblanza da súa vida

domingo, 1 de abril de 2012

A legalización do PCE en España

A transición española, un periodo que maravillou a Europa, xa que unha dictadura da paso em pouco tempo a unha democracia, ten moitos misterios por contar. Un deles é legalización do PCE polo presidente Suarez e a contención dos militares españois despois de 40 anos tendo ós comunistas como o inimigo. Sempre houbo un pacto de silencio sobre os motivos que se producirom, ate agora. Nesta información de El País contan cómo se produciu todo e axudan a solucionar un dos enigmas da transición