Un dos monumentos máis visitados de Galicia, o castro de Baroña, na paraia de Baroña, no concello de Porto do Son, está a ser restaurado. A súa situación nunha península de acceso á praia fixo que o paso do tempo e os milleiros de turistas, unidos á acción erosiva do mar, estropeasen un pouco o castro. Para o seu estudo fixeron algunhas excavacións. Entre elas a do
foso defensivo e trozos da muralla que todos os castros tiñan e que agora, despois de sacar area, sae á luz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario