Curiosidades relacionadas coa historia e a arte dende a óptica do temario do ensino de Galicia
Aviso de Cookies
En cumplimiento de la Directiva Comunitaria se informa de que este blog usa cookies propias y de terceros con el fin de mejorar su experiencia. Si continua navegando consideramos que acepta su uso
domingo, 28 de diciembre de 2014
10 edificios históricos espñois en risco de desaparición
España é un país que conserva un patrimonio histórico moi importante. A sucesión de pobos que pasóu por ela, e o seu importante pasado así o explican. Pero ese inmenso patrimonio pode xustificar, ainda que non sexa xustificable, que algúns podan desaparecer, dende arcos a poazos, vilas romanas, salinas, conventos, etc. A modo de inventario,baseado nos datos da lista vermella do patrimonio, xa que de seguro son máis Europa Press cataloga estes 10 edificios situados nas provincias de Burgos, Asturias, Cáceres, Guadalaxara, Tenerife, Valencia, Navarra, Granada, Mallorca e Sevilla.
Etiquetas:
arte,
Asturias,
baleares,
burgos,
Cáceres,
España,
Granada,
Guadalaxara,
Historia,
lista roja,
Navarra,
patrimonio,
patrimonio en perigro,
Sevilla,
Tenerife,
Valencia
Bicentenario do asasinato de Prim:un home adiantado ó seu tempo.
O día 30 de decembro, dous séculos atrás, o xeneral Prim era asasinado na rúa do Turco. Un xeneral que desexóu unha monarquía constitucional donde o Rei ou a raíña non fose tan determinante no panorama político do día a día. Todavía hoxe non se sabe quen o matóu e é un dos grandes enigmas da historia de España,e a Televisión pública de España dedicoulle unha película
domingo, 9 de noviembre de 2014
XXV aniversario da caída do Muro de Berlín.
Hoxe é unha data desas que se din redondas. Tal día coma hoxe fai 25 anos, o muro de Berlín, o símbolo da guerrra fría caía. E os xornais adican especiais a ese acontecemento. Aquí temos o ABC. E aquí un especial de RTVE
viernes, 31 de octubre de 2014
Atopan en Valga (Ría de Arousa) un porto romano
Galicia foi unha terra moi querida polos romanos. A súa riqueza mineira e os viños da Ribeira Sacra son bós exemplos disto. Unha das vías principais en Galicia era a que ía pola costa, con estacións en diversos pobos. Tamén, na praia da Lanzada, na ria de Arousa houbo cultos pagáns. Agora, no fondo da ría de Arousa, no concello de Valga, atoparon un porto que está a ser escavado
domingo, 19 de octubre de 2014
A Educción da Virxe, a debate a autoría de Velázquez
O Cadro A educación da Virxe restaurado coa contribución do banco Santander e depositado nos Estados Unidos, está estes días en Sevilla e, lóxicamente hai un congreso para dicir se o cadro é de Velázquez ou non. Neste artigo, recóllese que o experto Xabier Portus dí que non, porque non acada a calidade do Velázquez daqueles días.
viernes, 10 de octubre de 2014
O mapa das cordilleiras mariñas máis preciso... ate agora
O mar sempre fascinóu. Ó dsaber que había baixo a auga, as cordilleiras, illas, e sobor de todo volcáns. Por iso, sempre estivo en investigación. Agora unha equipa do instituto Scripps de oceanografía coa auda de satélites da NASA e da Axencia Espacial Europea, actualizóu o mapa e descubriu miles de montañas novas.
jueves, 2 de octubre de 2014
Atopado o Erebus, un dos barcos da Expedición Franklin en Canadá.
A expedición Franklin saiu do Reino Unido a Canadá no século XIX. Entre as illas Somerset e Príncipe de Gales os barcos quedaron atrapados polos erros do seu comandante: Franklin. A mediado de setembro unha expedición atopóu o que se cría Erebus e agora ven de ser confrimado
O Cadro a Educación da Virxe da unoiversidade de Yale é o primeiro cadro de Velazquez?
Hai uns naos, no 2.010, no decurso dunhas obras de restauración pagadas polo Banco de Santander, o cadro da universidade de Yale titulado a educación da Virxe era atribuido a Velázquez, có que serría a primeira obra coñecida. Agora o cadro pódese ver en Madrid e, en breve, un congreso internacionañl en Sevilla debatirá sobr esa posibilidade.
domingo, 14 de septiembre de 2014
Spinosaurus: un dinosauro marroqui semiacuático.
O mundo dos dinosauros segue a dar novas revelacións, esta vez no continente africano. No que agora é Marrocos, fai 95 millóns de anos habitaba o que os paleontólogos chaman spinosaurus, un dinosauro que podía nadar, xa que descubriron unha vela recuberta de pel que permitía entrar nos ríos e manexarse por eles, cono amosa este video de National Geographic
En África aparece o esquelete do dinosauro máis pesado atopado ate hoxe.
Os dinosauaros estendéronse por todo o mundo, pero no continente africano non se tiñan atopado moitos Un deles é este que atoparon no Rift Rukwa, No Suroeste de Tanzania, e que foi excavado coa axuda de mineiros profesionais.Este é o resultado. Un exemplar batizado como Rukwatitan bisepultus, hervíboro de dimensións espectacuylares, unhas extremidades anteriores de dous metros
domingo, 17 de agosto de 2014
o pórtico da Gloria da catedral de Santiago en restauración.
Unha das grandes maravillas da catedral de Santiago é o Pórtico da Gloria que, como todas as obras que son antigas tén problemas. As humidades, o contínuo paso de peregrinos e o paso do tempo fan que esta obra de arte precise dunha restauración. E en esas andan. Hosx, coñecemos un pouco máis sobre a mesma que en dous anos, deizará o pórtico coma se se construise onte.
martes, 15 de julio de 2014
no Deserto de Atacama(perú) arqueólogos da universidade de Wroclaw achan tumbas dunha cultura descoñecida
Que a terrra cambióu é evidente. Unha mostra está no deserto de Atacama(perú), fai tempo un verxel. Esto se demostróu porque arqueólogos da universidade de Wroclaw atoparon 150 tumbas sinxelas do século VI- VII Despois de Cristo dunha comunidade anterior á civilización agricolade Tiwanaku. Agora, o estudio
o mosaico roomano do amor en Cástulol, Xaén, atopado e centro de visitas e estudos.
A Cidade de Cástulo, nas proximidades da actual cidade de Linares na provincia de Xaén, de construcción íbera, capital da rexión de Oretania, foi unha das mñáis importantes da época romana, ainda que perdendo a capitalidade en favor de Tarraco . As pegadas son evidentes- No decurso dunhas escavacións, no 2.012, atopouse un mosaico no que era un edificio dedicado ó culto do emperador Domiciano, e que representa a vida, a morte e todas as estacións, un dos máis sorprendentes do mundo romano. Aparecen as catro estacións do ano. Tamén, no parte dentral, conta o mito de Paris e Helena e tamén o mito da guerra de Troya e Paris que remite a Eneas na fundación de Roma . O achádego aparecéu en National Geographic Agora, está a ser estudiado , e tendo en conta que so unha mínima parte de Cástulo está escavada, poden aparecer máis sorpresas.
Etiquetas:
Andalucía,
Castulo,
de los amores,
España,
excavacions,
Historia antiga,
historia da Arte,
iberos,
imperio romano,
Jaén,
Linares,
mosaicos
O val Trenzado (Elche) unha recuperación dun espazo urbano.
Elche, unha cidade da comunidade Valenciana no Mediterráneo español, como tantas outras, está atravesada por un río orixinando o val trenzado. Esta característica orixinóu que tivese un barranco e numerosas pontes para atravesala. Este espazo estivo en desuso ate que unha equipa formada por un arquitecto e unha enxeneira agrónoma propón unha recuperación do espazo e gañóu o concurso para poñelo en valor e para o disfrute cidadán.. E,a peculiar intervención recibe moitos premios. Pero, coas elecións municipais e o troco do goberno, a nova alcaldesa, doutro partido politico, silencia a actuación e a oculta.
Etiquetas:
arquitectura,
arte,
arte contemporáneo,
barrancos,
Comunidad Valenciana,
Elche,
España,
intervenciones,
paisajismo,
ríos,
valle Trenzado,
Vinalopó
domingo, 6 de julio de 2014
o Galeón San Marcos da Armada invencible afundido en Irlanda pode ser refrotado.
O episodio da invasión de Inglaterra por Filipe II no 1.588 e a posterior derrota da chamada Armada Invencible a máns dos ingleses coa posterior dispersión e afundimento da flota española nas costas de Irlanda, é un dos máis coñecidos das historias inglesa e española. Nas costas de Moher, no lugar coñecido cono Spanish point, na costa Oeste, afundiu o galeón San Marcos que, nos próximos días, tentarán reflotalo e expoñelo nun museo. A Historia, aquí
viernes, 20 de junio de 2014
o Xacemento de Atapuerca descubre 17 craneos con rasgos neandertais.
O xacemento de Atapuerca, un dos máis importantes do mundo no tocante á evolución humana, segue a aportar novos datos. Atopáranse 17 cráneos intactos, que, despois dos estudios axeitados, revelan que o home de Neandertal se creóu a partires de outras especies máis antigas. O artigo sae publicado na revista SCience
jueves, 19 de junio de 2014
Quen se agocha baixo o cadro a habitación azul de Picasso?
Un dos maiores talentos do muno da arte, Pablo Picasso, pintóu moitas obras mestras. Unha delas é o cadro de La habitación azul. No decurso dun estudio atopouse un retrato pintado baixo o cadro que agora haberá que atopar a quen pertence.
atopan un novo dinosauro: o mercuriceratops
En Nortteamérica, no Estado de Cleveland, achouse unha nova especie de dinosauros con cornos coma alas batizada o mercuriceraptos, herbívoro, cun pico de loro e cunha idade de 77 millóns de anos.
lunes, 16 de junio de 2014
María Wonenburger, unha das maiores referencias da álxebra mundial era galega.
Galicia ó longo da súa historia acolleu o nacemento de grandes xenios da ciencia que por unhas razóns ou outras tiveron que sair a traballar fora para lgrar o seu recoñecemento. Unha delas é a matemática María de Wonenburger, de Montrove, Oleiros, que foi a estudiar e traballar a Estados Unidos onde lle deron todo o recoñecemento que se lle nagaba en España. Ó voltar a España, comeza a ser recoñecida entre o asombro da maior parte da comunidade científica coruñesa e española, onde viviu ate o venres que morreu ós 87 anos coa mesma humildade coa que viviu.
domingo, 8 de junio de 2014
o asentamento prehistórico de Nola preto de Pompeia sepultado polo Vesuvio fai 4.000 anos non se excava por falta de diñeiro
O Vesuvio, volcán preto de Nápoles fai 2.000 anos tivo unha erupción catastrófica mundialmente coñecia polas películas de romanos... e polos datos que deixóu Plinio o Xove. Cun ritmo de 2.000 anos tería unha erupción catastrófica. No ano 2.001 descubriuse que a romana non fora a primeira. Fai 4.000 anos, unha erupción do Vesuvio das mesmas características sepultóu o asentamento de Nola e permaneceu intacto porque unha capa de barro cubriu o asentamento. entre outras cousas había cabañas prehistóricas completa, os habitantes nas actividades que estaban a facer... Pero, un debordamento dun acuifero voltou a sepulytar o asentamento... e así estará ate que nos cartos permitan excavalo.
jueves, 5 de junio de 2014
Achan un fosil de culebrilla ciega en España unha nova especie reptil
Os achádegos da prehistoria en España continúan. No decurso dunhas excavacións no Can Mata, na zona do Penedes, atopouse un fosil de culebra cega mediterránea, da que somentes se atoparan fosiles parciais noutros países. Trtaríase, enton, dunha nova especie de reptil.
o Portico da Gloria na catedrak de Santiago en restauracion ate o 2017
A catedral de Santiago unha das catedrais máis importantes de España vai estar en reparacións. O Pórtico da Gloria que, ate a construcción da fachada barroca recibía ós viaxeiros, necesita unha reparación urxente. A Humidade, que necesitóu dun secado do pórtico e outros factores ameazan con derrubar esta obra.
martes, 3 de junio de 2014
Máis sobre a abdicación de Xoan Carlos
Cono era de esperar, todos os medios de comunicación fixeron especiais, columnas de opinión, biopics, etc. sobre Xoan Carlos e o seu proceso. RTVE cun documental sobre os anos de reinado, ABC, El País, El mundo, ou La Voz de Galicia son algúns exemplos.
lunes, 2 de junio de 2014
A abdicación do Rei Juan Carlos.
España, a monarquía constitucional, vai escribir unha nova páxina histórica: A abdicación do rei. Inmediatamente todos os xornais e os medios de comunicación aparecen con especiais: este é unha escolma de urxencia: RTVE con abundante arquivo de imaxes, ABC, monárquico, El País , rexionais como la Voz de Galicia, radios como la Cadena Ser e de fora de España como Le Monde británicos como BBC ou a CNN
O castro da cibda en Ribeira excavado e con moitos datos.
Galicia é o país dos mil castros. A pegada dos pobos con raíces celtas é eneorma en todo o territorio. Có paso do tempo, a posta en valor vai acompañada polo traballo das institucións públicas e empresas privadas como é o caso deste de Ribeira, a Cibda, situado nun entorno único no parque de Corrubedo. Agora, o estudio dos detalles.
sábado, 31 de mayo de 2014
As excavacións no castro de Baroña achan o seu foso defensivo.
Un dos monumentos máis visitados de Galicia, o castro de Baroña, na paraia de Baroña, no concello de Porto do Son, está a ser restaurado. A súa situación nunha península de acceso á praia fixo que o paso do tempo e os milleiros de turistas, unidos á acción erosiva do mar, estropeasen un pouco o castro. Para o seu estudo fixeron algunhas excavacións. Entre elas a do foso defensivo e trozos da muralla que todos os castros tiñan e que agora, despois de sacar area, sae á luz.
lunes, 26 de mayo de 2014
Un mural de Rafael Canongar encargado por Tierno Galván aparece 37 anos despois.
A aparición da democracia en España trouxo novas formas e ideas. Tierno Galván, que logo sería alcalde de Madrid, era un home moi culto e cunhas ideas moi avanzadas. Para os mitines que ía dar có Partido Socialista Popular, un dos moitos partidos que xurdiron ó calor da democracia, encargoulle a Rfael Canongar un mural para que presidise os seus mítines. Unha vez rematadas as eleccións, nas que non tivo o éxito que esperaba, e cando lle dín si pode devoverlle o cacro para vendelo, él contesta que non o ten. No décime aniversario do 11 de maio, no local de Presencia Xitana, buscando uns murais, atópano, chaman a Canongar, e o recupera. O misterio de cómo desapareceu e o atoparon , está no xornal El País
Aparecen resros do foro de Lugo
Lugo, a cidade máis importante da época romana en Galicia agocha moitos segredos. O paso do tempo e a rerutilización do espacio romano, agocharon os restos do pasado romano. Un deles é a situación exacta do foro no actual trazado viario e constructivo da cidade, o lugar máis importante da vida romana. Unhas obras no concello deixaron ó descuberto restos da basílica que había no foro e permiten unha delinitación máis precisa.Seica ocupaba dende a Praza de Santo Domingo ate o lugar onde se sitúa o concello Para que toda a cidadanía os coñeza, o concello vai musealizalos e explicalos.
jueves, 22 de mayo de 2014
A pegada dos abós. Unha visión distinta da Guerra Civil
A Guerra civil todavía é un periodo escuro da nosa historia, este video do documental é bastante explicativo
sábado, 17 de mayo de 2014
Naia, o fosil americano más antigo confirma a teoría da colonización americana polo estreito de Bering.
No decurso dunhas propspeccións arqueolóxicas feitas por unha equipa internacional de buzos e arqueólogos submarinos nunha cova submarina da península de Yucatán en México, que no Pleistoceno foi unha sima, atoparon no ano 2.011 restos fósiles dun homíninido moi ben conservados de polo menos 12000 anos ó que chamaron NAIA. Estes osos están a ser estudiados dende entón, pero os primeiros resultados xa están aquí: Os xenes do fósil conforman a teoría da colonización do continente americano a traveés da pasarela de xeo formada no deserto de Bering na derradeira glaciación
lunes, 12 de mayo de 2014
O arquitecto Merino de Cáceres dí que o claustro de Palamós non é auténtico.
A polémica en torno ó claustro descuberto nunha finca de Palamós continua. Agora, invitado polo dono da finca, un arquitecto, Merino de Cáceres dí que non é auténtico, senón máis ben unha recreación, e deixa os argumentos que, segundo él o demostran.
jueves, 1 de mayo de 2014
Atopan 50 novos corpos da dinastía de Tutankamon no Val dos Reis
Exipto foi un gran probo. Os seus habitantes crían na vida despois da morte, e por elo se sotteraban en grandes tumbas, sobre todo os nobres. Unha vez superada a etapa das pirñamides, nos imperios medio e novo se sotteraban no val dos Reis. Esya zona foi obxecto dunha expedición sistemática para localizar tumbas. Agora, unha nova expedición da universidade de Basilea atopou 50 novas tumbas.
A forma de trasladar as pedras para as pirámides exipcias decuberta.
Exipto foi un país que construiu moito con pedra, a base de grandes bloques. Non so eso, senón que tamén había que levantalas. Gracias a esta investigación un grupo científico descobriu o xeito: humedecer a aera para que pesasen a metade.
viernes, 18 de abril de 2014
Monumentos en peligro polas decisións do home.
Os monumentos construidos hai moito tempo, seguen un deterioro lóxico polo paso do tempo. Pero, ás veces as decisións humanas para sacar máis cartos, agravan o seu fin. Esto é o que lle pasóu a estes cinco de Teothiuacán: comida rápida, centros comerciais, epansión da cidade... e o fin de todo isto é o risco da pirámide de se afundir.
jueves, 17 de abril de 2014
O coliseo de Roma recupera a súa cor orixinal.
O coliseo é un dos grandes monbumnetos dos romanos. Feirto para asistir ós maiores esperctáculos dos romanos, que estaba cheo nos grandes días coma o célebre s comnbates de gladiadores. O seu material constructivo, o travertino, pedra local cunha tonalidade que vai dende o claro ó dourado, froito do paso de miles de anos pola súa estructura foi desaparecendo. A eso axudóu ó estar no centro dunha gran cidade e a contaminación dos combustibles fósiles. Agorá, na súa restauración eses cores estan a se recuperar, o mesmo que as grafites que deixaban algúns espectadores a modo de lembranza do seu paso por alí. .
lunes, 14 de abril de 2014
Atopan un sartego cun selo de ouro de Seti I en Canan, Israel.
O mundo exipcio segue a dar sorpresas. Xa sabiamos que eran unha das civilizacións máis importantes da antiguidade, e que o seu poder chegaba ate Siria. Agora queda demostrado, xa que nunhas excavacións na zona de Canán, situada na ruta comercial de Siria, atopouse un sartego que conten un selo de Seti I. As investigacións seguen.
Cristobo Colón é de Poio, Pontevedra?
Cristobo colón, un dos meirandes persoeiros da historia ocultóu sempre o seu lugar de nacemento. Por elo, sempre houbo moitas hipóteses. Ainda que a máis estendida é a que dí que é italiano, para certos investigadores, entre os que destaca Philipot, Colón é de orixe galego, máis concretamente de Poio. Para elo, entre outras cousas, aportan documentos de bautismo de familiares del na basílica de Pontevedra, o uso dunha carabela chamada la gallega que foi renomeada coma Santa María a nai do Salvador, lugar que aparece polo menos no mosteiro de Poio e no antigo mosteiro que estaba en Arcade. Ademáis acaba de aparecer un estudio de Luis Pereiero Álvarez, morto en Salamanca hai uns anos e que chegóu ó mesmo orixe galego de Colón despois de anos de investigacións.
No 888 aniversario do nacemento de Averroes
A dominación de Al Andalus na península Ibérica deixóu un gran número de científicos e médicos que, o integrismo dos pobos vindeiros sepultaron para sempre ou case sempre. Un destes é Averroes, médico e filósofo nado en Córdoba. Escritor de vvarios tratados de medicina e filosofía, foi desterrado polos almohades e soamente onservamos mencións del por traducións das obras orixinais que foron censuradas e queimadas. Ó mesmo nivel que Aristóteles, cría que o cerebro era o lugar onde existían algunhas facultades da intelixencia, e cré que a ciencia debe se adptar ás persoas e á realidade.
miércoles, 9 de abril de 2014
A batalla de Baécula foi no actual Cerro das Albahacas, en Santo Tomé (Xaén)
Cartago foi a poptencia máis oimportante do mundo antigo antes de Roma. Roma e Cartago libraron unha loita sen prtecedentes polo dominio do mar Mediterráneo. Unha das batallas máis importantes, o principio do dominio román foi na batalla de Baeula gañada polos romanos. Unha equipa de investigadores da universidade de Xaén con Técnicas de información Xeográfica, demostradas con detectores de metais, atoparon restos tanto cartaxineses coma románs no Cerro das Albahacas no concello de Santo Tomé, en Xaén. Unha vez coiñecido, empezará a investigación sistematica do lugar.
lunes, 7 de abril de 2014
Aparecéu unha parte da pangea africana nos Estados Unidos?
Nun principio a terra era un único supercontienente chamado pangea. Nun momento da historia, África e América se separaron e foron cada un polo seu lado. Un grupo de científicos americanos cré que dou con un cacho do antigo contienente entre Alabama, Georgia e Carolina do Norte. O artigo sae publicado na revista geosociety.
jueves, 27 de marzo de 2014
Unha explicación do surrealismo dende o Thyssen
O movemento surrealista é un dos máis importantes do século XX.Entre eles Picasso e Chagal formaron partre del. No museo Thyssen fixeron unha exposición adicada ó surrealismo,. Nela está este vídeo na que o comisario desvela algunhas claves dese arte.
miércoles, 26 de marzo de 2014
El triunfo de la Eucaristía de Rubens restaurado no Museo El Prado
No museo de El Prado en Madrid podemos ver moitas obras de Rubens, o xenial pintor do Renacemento. Algunhas estaban ou están moi deterioradas polo pao de tempo, polo que precisan unha restauración para lles devolver o explendor. Unha delas son as táboas do Triunfo da Eucaristía que o museo ven de restaurar e presenta agora nunha exposición
webquest el megalitismo en la prehistoria
Para explicar el concepto del megalitismo, que los alumnos tengan claro el concepto, su difusión, las leyendas y conozcan el proceso constructivo he diseñado esta webquest que puede ser de utilidad
martes, 25 de marzo de 2014
Novos achádegos no Castelo de Pambre (Palas de Rei)
as obras de excavación e rehabilitación do castelo de Pambre, asentado sobre unha rocha granítica que fai de cimento, un conxunto con capela, hórreo e castelo, seguen a dar sorpresas. Neste artigo vemos os resultados da ocupación dende tempos antigos e da necrópole que aparecéu
domingo, 23 de marzo de 2014
Adolfo Suárez entra na Historia
O expresidente Adolfo Suárez, que gobernóu de 1.976 a 1.980 finou esta tarde despois dunha longa enfermidade, máis dunha década loitando có Alzheimer. O persoeiro que trouxo a democracia a España, que non sempre foi entendido, recolléu, có tempo, un xuizo máis xusto. Sempre buscóu o consenso con todos os grupos políticos Inmediatamente todos os medio tiraron do séu arquivo. En imaxes, o máis destacado é o de RTVE, a única televisión en España. Os xornais destacan as súas frases, en forma de reaccións ós acontecementos, Hai artigos de opinión sobre diversos aspectos no xornal El País, sobre a súa postura no intento de golpe de estado do 23 de Febreiro do 1981, A Cadea Ser, que no golpe de estado do 23 de febreiro emitíu bastante tempo antes de que os militares a cortara, publica un especial coas súas voces . a prensa estranxeira tamán recolle o séu pasamento: Le Monde en Francia, a BBC no Reino Unido ou o Expresso en Portugal entre outros . Non podía faltar o xornal do séu lugar de nacemento, cebreros, na provincia de Ávila.
A maiores, os xornais publican especiais, el País , ABC, La Voz de Galicia , La Vanguardia, El Correo, entre otros. RTVE o la cadena COPE
A maiores, os xornais publican especiais, el País , ABC, La Voz de Galicia , La Vanguardia, El Correo, entre otros. RTVE o la cadena COPE
Achádegos da etapa inca mostran que facían nós nos seus kipos para se lembrar das cousas
A crenza popular dí que se te esqueces dalgo debes de facer un nó no dedo para te lembrar. Esta realidade sen nengunha base científica, que saibamos, resulta confirmada polos estudosos do imperio inca, antes da conquista española de América. Recentes achádegos conforman que os nós que hai nos kipos atopados en excavacións serven para se lembrar das cousas. Amáis, o sistema estaba institucionalizado e era usado por todos, con divisións sociais. Os detales aquí neste blogue aloxado no xornal Le Monde
jueves, 20 de marzo de 2014
Atoopan en Estados Unidos ao dinosauro chamado polo do inferno
As investigacións soborde o pasado seguen a dar sorpresas: En Dakota do Norde e do Sur atoiparon entres xacementos distintos osos dunha nova especie de dinosauro, o depredador máis grande coñecido, ate agora: o chamado polo do inferno . Era unha ave que non voava xigantesca e, ademis, apareceron exemplares completos
lunes, 17 de marzo de 2014
A Muralla da Coruña sae á luz.
Todas as cidades tiñan murallas na idade media que, ou ben se sotterraron ou se derrubaron. No caso da Coruña, o tramo do Parrote, preto do muelle se soterróu e agora có gallo da construcción dun aparcadoiro soterrado na dársena, apareceran tramos ós que se une agora unho novo nas arcadas baixo o paseo da dársena
viernes, 7 de marzo de 2014
Achan unha estatuta dunha filla de Amenhotep III en Exito
O coñecemento do mundo exipcio aumentóu un pouco máis. No decurso da restauración do funerario de Amnhotep III acharon, nas escavacións, a estatua de Iset, a princesa. O excepcional deste achádego é que, a diferencia doutras estatuas, a princesa está soa.
jueves, 6 de marzo de 2014
Atopan unha nova especie de dinosauro en Portugal
A familia de dinosauros segue a se ampliar. no decurso dunhas excavacións ó norde de lisboa, os arqueólogos atoparon unhos fósiles dunha especie que semellaba estar só en América: Un Torvosaurus Tanneri. Mais, un estudio máis polo miudo das características dos fósiles e a súa comparación cós da especie americana, fixeron que atopasen unha nova especie parente daquela: O Torvosaurus Gurneyi. O achado sae publicado esta semá nunha revista científica e agora comezará o debate
martes, 4 de marzo de 2014
1o dos mellores edificios románicos españois
España é un país con moitos edificios románicos. O diario ABC recolle 10 dos mellores
situados en Cataluña, Navarra, Aragón, León (san Isidoro) e a catedral de Santiago nunha suxerencia de viaxes que, terá que ser ampliada .
situados en Cataluña, Navarra, Aragón, León (san Isidoro) e a catedral de Santiago nunha suxerencia de viaxes que, terá que ser ampliada .
lunes, 3 de marzo de 2014
Atopan os restos do barco de Nelson nun restaurante de Kent
O almirante Nelson foi un dos homes que permañeceron no imaxinario colectivo. Unido ´Reino Unido, a España e mesmo a Francia, o seu barco e a súa flota están asiciados a algunha das batallas navais máis importantes doséculo XIX. Agora volta a ser nova se é que algunha vez deixou de selo porque nas obras dun dos edificios do porto de Kent, agora reconvertido en restaurante, atoparon, nunha prospección arqueolóxica no soto, a cuberta do seu barco
En Lisboa a arte contemporánea está na rúa.
A arte contemporánea tén unha encaixe difícil. Xa polos problemas de interpretación, polo espacio onde expoñelo, ou polos problemas de inmediatez coa xente, non sempre foi moi valorad.En lisboa, teñen unha orixinal proposta: A arte contemporánea como solución para redecorar o espacio público. Así dan a coñecer a artistas novos ou non tan novos, e os espacios cotiás toman unha segunda vida.
sábado, 1 de marzo de 2014
Atopan unha noira de auga medieval en L´Hospitalet del´infant(Tarragona)
O noso pasado continúa a ser recuperdo. En L´Hospitalet de L´infant atoparon unha noira de auga do século XIV que formaba parte da traída de auga do hospital.
miércoles, 26 de febrero de 2014
o xacemento de baleas máis antigo da historia atopado en Chile.
Oa achádegos da prehistoria seguen a aumentar. As obras de ampliación da estrada panamericana en Chile deixaron ó descuberto un varamento masivo de baleas de 9 millóns de anos de antigüidade. Os arqueólogos estudaron a súa estratificación social, o séu comportamento e as razóns deste varamento. Nesta web temos todos os detalles.
viernes, 21 de febrero de 2014
os arqueólogos descobren o trazo orixinal do castelo de Pambre
As obras de rehabilitación do castelo de Pambre seguen a ensinar novidades. Agora, permitiron coñecer o primeiro trazado de castelo e as conduccións orixinais de auga. Estos restos son importantes porque son da idade sueva e son uns dos poucos coñecidos ate o de agora en Galicia.
Etiquetas:
Arqueoloxía,
castelos,
España,
excavacions,
Galicia,
Historia antiga,
Historia de España,
Idade Media,
lugo,
Palas de Rei,
Pambre,
suevos
jueves, 20 de febrero de 2014
La Virgen de la Leche de Jean Fouquet no museo de El Prado comentada
A rehabilitación dos museos e o seu peche fai que, de cando en veces, podamos ver as obras mestras fora do seu museo. Eso é o que pasóu có de Amberes. Está en obras e, por iso, prestoulle ó museo del Prado unha das súas obras máis representativas: La virgen de la leche de Jean fouquet. Ademáis de ter toda unha historia e unha simboloxía detrás, aparece comentada pola xefa de pintura medieval de España e do Norte de Europa do museo,
Etiquetas:
.Pintura,
Amberes,
arte medieval,
Bélxica,
El Prado,
España,
Francia,
historia do arte,
Jean_Fouquet,
Madrid,
museos,
Virgen_de_la_leche
lunes, 17 de febrero de 2014
Atopan parte de muralla medieval de Miranda del Duero(Burgos) nunhas obras
As obras que se realizan nas cidades permiten atopar restos do pasado medieval, sobor de todo si as cidades contaron cun pasado importante. É o caso de Miranda del Duero, unha cidade estratéxicamente situada no paso entre a Meseta e o País Vasco. A excavación para unhas obras deixóu ó descuberto parte da antiga muralla da cidade. Ademáis, nesta entrada do blog da empresa Ondare está todo o estudio do atopado.
A restauración do cadro "El Expolio" de El Greco en vídeo comentada polo restaurador
El Greco foi un dos grandes pintores da historia da Arte. Cretense, traballando en Italia, foi convencido para vir a traballar a España a Toledo. Fóra do gusto oficial de Filipe II tivo que se conformar para traballar para os particulares da cidade toledana, xa que en raras ocasións a igrexa oficial falóu con él para lle encargar obras. Unha delas é El Expolio que, con motivo do IV centenario do pintor foi restaurada no museo do Prado e, agora, neste vídeo realizado polo propio museo, onde o séu propio restaurador explica as intervencións. O vídeo procede do Canal patrimonio da Fundación Santa María la Real
domingo, 16 de febrero de 2014
A fundación Santa María la Real e Google divulgan o románico
As novas tecnoloxías ás veces serven para achegar a toda a xente coñecementos moi lonxanos. Este é o espíritu de Google Cultural Institute, unha plataforma virtual na que podemos coñecer o mellor da arte mundial. Entre esa arte está o románico español. Agora, grazas á colaboración da fundación Santa María la Real, que dende o mosteiro de Santa María la real de Aguilar de Campoó fai unha extraordinaria laboura, teremos acceso a unha gran base de datos do románico español. A primeira contribución aquí: A orixe
jueves, 13 de febrero de 2014
Atopan máis cadros roubados na casa de Cornelius Gurlit en Salzburgo.
As obras de arte roubadas polos nazis ós xudeos na II guerra Mundial seguen a dar que falar. Hitler requisóu primeiro ós xudeos todas as obras de arte que tiñan, e despois marcóu como dexeneradas aquelas que non coincidían cós séus gustos. uns poucos poideron comerciar con elas, entre eles cornelius Gurlit, que, na súa casa de Salzburgo, gardou as que non poido, ou non quiso, vender. Froito das investigacións e da reconstrucción oral por parte dos familiares dos xudeos hai unha lista de arte roubado. No ano 2.012 na súa casa atoparon unha serie de cadros e agora, outros 60 máis. Ademáis, outros 25 foron atopados en Munich,e a policía alemana publicóu as fotos.
Etiquetas:
. Pintura,
Alemania,
arte roubado,
austria,
expreionismo,
Gurlit,
Historia Contemporánea,
historia do arte,
Hitler,
II Guerra Mundial,
Matisse,
Munich,
nazis,
Picaso,
Renoir,
Salzburgo
A erosión dunha praia de Norfolk deixa á vista pegadas humanas de 800.000 anos
En Norfolk, Reino unido, a erosión deixóu á vista nunha das súas praias pegadas humanas da antigüidade que quedaran baixo a terra polas variacións no nivel do solo. A sorpresa veu cando investigadores do Museo Británico dataron as pegadas en 800.000 anos, o que as converte nas máis antigas do Reino Unido. Segundo eses investigadores, a falta de máis comprobacións, poderían ser de Homo Antecesor e estar emparentadas cós achádegos de Atapuerca
O paleomagnetismo data o Homo Antecesor de Atapuerca en 900.000 anos
O xacemento de Atapuerca en burgos é clave para o estudo da evolución da especie humana. O achádego do homo Antecesor como peza nesta evolución foi fundamental, pola súa antigüidade.D ende o principio, o equipo de Arzuaga o fixóu en 900.000 anos. Coñecedores da polémica a nivel científico, buscaron técnicas que lles permitisen confirmalo. Agora, anos depois, a combinación do paleomagnetismo e as cifras anteriormente obtidas, deu como resultado a conformación dos datos. Empregaron resonancias magnéticas e luminiscencia estimulada ópticamente
Investigadores do MIT acotan a duración da extinción masiva do Pérmico
As causas da maior extinción de especies do Pérmico que, entre outras rematóu cós dinosauros e có 70 % das especies terrestres están por concretar. entre elas, como hipóteses, o impacto dun gran meteorito, unha erupción volcánica duradeira e xeneralizada ou unha serie de casualidades entre outras. Un grupo de investigadores do Instituto Tecnolóxico de Massacussets (MIT) e o que eles chaman "A gran mortandade" duraría un máximo de 60.000 anos. Á espera do debate científico, queda por atopar a causa pu as causas da extinción
domingo, 2 de febrero de 2014
Os drones axudan no Castelo de Pambre.
A pasada semán soubemos que o castelo de Pambre estaba a ser estudiado e que fixeran algúns achádegos importantes que daban continuidade temporal ó xacemento dende a Prehistoria. Hoxe, por un artigo publicado no xornal La Voz de Galicia sabemos quie os drones, de derradeira tecnoloxía, xogan un importante papel no estudo. Os detalles aquí
jueves, 30 de enero de 2014
o Castelo de Pambre (Palas de Rei) garda restos doutras épocas
O Castelo de Pambre, nunha foto do 1993 visto pola parte posterior, cara ó río Pambre é un lugar máxico en Galicia. situado a carón do río Ulla é un dos poucos que resistiú os ataques dos irmandiños e non poido ser visitado ate a morte do séu derradeiro propietatrio, o conde de Borraxeiros, vai xa para tres anos. Agora, equipos da Xunta, segundo un informe do Consello da Cultura Galega publicado no seu portal de Internet culturagalega.org , fixeron unhas excavacións no recinto, atoparon restos de asentamentos romanos e castrexos, que ainda poden dar máis de sí, ca que as investigacións seguen.
Etiquetas:
castelos,
Castrexo,
España,
Galicia,
Historia de España,
historia do arte,
Idade Media,
Imperio_romano,
lugo,
Palas de Rei,
Pambre,
Prehistoria
domingo, 26 de enero de 2014
Unha tartaruga prehistórica atopada en Morella, Castellón
A prehistoria española e os seus fósiles continúan a dar sorpresas. Nunha cantera de Morella,
baixo as arxilas vermellas, investigadores do grupo de Bioloxía
evolutiva da UNED identificaron restos do caparazón da Pleudira, ate agora a única atopada en Europa, unha
especie propia de climas quentes que todavía vive en América, Asia e
Oceanía, e que fai 125 millóns de anos, no Mesozoico, a maior calor desta zona facía
que vivise aquí nos ríos da zona. O estudo das canteiras da zona
continúa a ampliar o coñecemento e as especies da prehistoria
Suscribirse a:
Entradas (Atom)