domingo, 26 de febrero de 2012

El bosco

OS cadrod, como con todo, necesitan coidados. O pó, o ar, as visitas, a repiración,.... o medio en fin, cambia todo e de cando en vez hai que restauralos. Como lle sucede a esta obra de El bosco. Ademáis, as novas técnicas de raios X nos permiten estudiar todos os matices do cadro, os arrepentementos e as múltiples perspectivas. Pero, sobre todo,  nos permiten contemplar o cadro tal e como se pintou... con varios séculos de diferencia.

A evolución do home.

Un dos campos que máis investigación xera é o do home e a súa evolución. Cómo aparecéu, e cómo chegóu ate o de agora. O Campo dos neandertais e da súa desaparición está a dar nova evidencias que aparecen resumidas neste artigo e que suxiren, máis alá dunha evolución a un empobrecemento xenético derivado da súa endogamia ou non poder adptarse ó medio conevenientemente.Científicos de diversas universidades e países tentan traer un pouco de luz a estas preguntas.  Estas que aquí temos  publicadas no diario El País  son o resultado das derradeiras investigacións.... ata agora

Os mitos precristiáns.

O imaxinario de Galicia sempre estivo che de mitos. Os referentes ó periodo prerromán estiveron agochados, xa que a tromanización tapou todo. Están a sair á luz pública por excavacións, achádegos agrícolas e outros métodos. Na localidade de Coirós, en Pena furada apareceron algunhas figuras que, segundo os arqueólogos, estaban orientadas ó sol, e entronca có mito da moura moi extendidos en Galicia. Este campo, moi pouco investigado en Galicika, poida que permita sacar á luz a orixe do noso pobo e das nosas crenzas

A Fragata Nosa Señora Das Mercedes

O nar garda moiros tesouros que, de cando en vez saen á luz. Unhas veces pola simple acción do mar, outras pola acción dos estados e outras pola acción dos cazatesouros, que intentan sacar o maior beneficio. Este é o caso da frgata Nosa Señora das Mercedes. que se afundiu por acción de guerra e que, agora, sae á luz. Máis alá das implicacións da oferta e da demanda, é bó saber que o progreso axuda a atopalos e que as leis sempre se cumplen e poderemos disfrutar  dela, e coñecer algo máis a nosa historia, que é do que se trata. Nestos reportaxes de El País , de ABC onde ensina cómo se consegiu recuperar para España o tesouro, esta outra con gráficos, e unha pequena lección do contexto histórico e as peripecias ate a chegada do tesouro a España.Esta da  outra visión da situación que axuda a completar  o que ocurriu. Para entender realmente unha situación necesitamos dos puntos de vista enfrontados, xa que a verdade está no punto medio.

domingo, 19 de febrero de 2012

O comezo da Guerra civil

Unha guerra sempre trae consigo varios problemas e unha evidencia: od que gañan escriben a súa histotia e tratan de reescribila. No caso da Guerra Civil, a aoportuna estadía de Franco nas Palmas no soterramento do xeneral Balmes facilitoulle moito o salto  A Marrocos. Ou, como suxire Viñas neste artigo sobre o seu libro non foi tan casual? Sexa como for, tomando as debidas distancias, cómpre ir ós arquivos, falr cós supervivintes  e interpretar as hipótesis. Será ésta a verdeira ou a oficial?

Franco a debate

a función de toda obra de arte é xenerar unha corrente de opinión a favor ou en contra e mover conciencias. Esta figura de Franco no expendedor de Coca Cola é o exemplo. Neste caso, que ten a súa raigame no pop art coa figura de Marilyn, vemos a unión de dous estereotipos que están no maxín colectivo: o español dos derradeiros 35 anos e o americano dos 125. É  verdade que todo o mundo superou os anos da dictadura? E o que é máis, a obra tén unha interpretación estética? 

jueves, 2 de febrero de 2012

A Gioconda bis

Nos museos non se poden expór todas as obras. Normalmente gardan nos almacéns aquelas obras menores que non caben nas paredes. Pero, ás veces, temos sorpresas coma a copia da Gioconda descuberta no Prado, que levaba prácticamente dende a súa fundación. O singualr é que o mellor discípulo de Leonardo pintaba a acopia mentres Leonardo facia o orixinal e que, quizás, poida axudar a desvelar moitos misterios. Podes comparala có orixinal no diario El País e ver os cambios no ABC deste auténtico terremoto mundial no mundo da arte.